Proxecto ESTRAEE

Reciclaxe lixo electrónico

Proxecto ESTRAEE de reciclaxe do "lixo electrónico"

Proxecto europeo ESTRAEE- Ecocentro

O CEIP Plurilingüe de Silleda colabora co Concello de Silleda e coa Deputación Provincial de Pontevedra no proxecto europeo ESTRAEE como  punto limpo de recollida e xestión de residuos xerados no fogar, entre eles os RAEE, que non teñen cabida nos colectores urbanos.

Este centro de ensino contará con tótems informativos e contedores para o depósito dalgúns dos dispositivos eléctricos mais habituais (móbiles e tabletas), ademais de cargadores e pilas.

Todas aquelas familias que desexen desfacerse de teléfonos móbiles, tabletas, cargadores e pilas poderán depositalos nos contedores instalados no colexio desde o día 1 ao día 15 de outubro.

Un correcto tratamento dos refugallos de aparellos electrónicos reduce emisións contaminantes, evita vertedoiros incontrolados e recupera materiais estratéxicos para novos usos ademais de xerar emprego verde a través da economía circular.

Distribuir contido