Revista dixital

REVISTA DIXITAL

Achegamos unha pequena mostra da revista dixital do CEIP Plurilingüe de Silleda. O alumnado de 6º, dende a materia de TICs, decidiu darlle visibilidade aos traballos feitos dende as diferentes materias.

Premendo enriba da imaxe poderedes ver o contido da revista. Recordade ter os altofalantes activados, xa que hai diferentes pistas de audio para escoitar.

Esperamos que vos guste!

Bo Nadal

 

Dende a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Silleda, desexámoslles unhas FELICES FESTAS!! 

Obra de teatro de Nadal

O alumnado de Relixión de 6º de Educación Primaria representou unha obra teatral para conmemorar o Nadal. Premede na seguinte ligazón para poder ver o vídeo

Ligazón:  https://www.dropbox.com/s/zl8kzmyd9zhu23r/Obra_teatro_relixion.mp4?dl=0

Visita de Rodrigo Ramos

No día de hoxe visitou o noso centro Rodrigo Ramos, que ademais de ser un gran músico e compositor, tamén é un antigo alumno do CEIP Plurilingüe de Silleda.

Ao longo da mañá abraiou ao noso alumnado coas súas letras, entre as cales destacamos "Subiote", adaptación musical dun poema de Xosé Neira Vilas.

Podedes ver un pequeno vídeo premendo enriba da imaxe.

 

 

 

Charla sobre os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías

O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla sobre "os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas redes sociais", impartida pola Garda Civil. Estas sesións informativas forman parte do plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos (Ministerio del Interior).

 

 

Actuación de Pakolas

Con motivo da inauguración da biblioteca do centro contamos coa actuación de Pakolas, presentando o seu novo espectáculo "Ramona Órbita, a dona do tempo".

 

 

 

Samaín en Educación Infantil

Premendo enriba da seguinte imaxe podedes ver unha pequena mostra da semana de Samaín en educación infantil. Grazas familias pola aportación das gadañas terroríficas.

 

Celebración do Samaín 2021-2022

No día de hoxe celebramos o Samaín con distintas actividades terriblemente emocionantes coma un conxuro e a visita da Santa Compaña.

 

 

 

 

 

 

 

 

BENVIDO OUTONO! - WELCOME AUTUMN!

Os alumnos e alumnas de 1⁰ e 2⁰ recolleron froitos, follas... para facer unha exposición sobre os produtos do outono. 
Coa axuda da mestra de inglés e das titoras, coñeceron os nomes de varias árbores e froitos en castelán, inglés e galego.
Aprendemos moito sobre esta estación tan fermosa!
 
Preme enriba da seguinte imaxe para ver as fotografías!
 

Apertura do prazo para solicitar unha praza no comedor no curso escolar 2023/24.

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR CORRECTAMENTE O ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN:

A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2022:

1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.

2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

 

Quen forma parte da unidade familiar

1. No caso de matrimonio, a unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e:

a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.

b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

2. En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal, a unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior.

 

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar

Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

1. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta.

2. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes das casiñas correspondentes a (retribucións dinerarias) e (intereses) e restar os importes das casiñas correspondentes a (cotizacións seguridade social), (retencións procedentes do traballo) e (retencións procedentes do capital mobiliario).

3. Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF.

FESTA FINAL DE CURSO

Para rematar este curso 2022/2023, levouse a cabo unha festa con hinchables para tódol@s nen@s do centro. Foi unha xornada de diversión e convivencia entre mestres e alumnado.

DESFRUTADE DO VERÁN E VÉMONOS EN SETEMBRO!

Preme na imaxe para ver o desenvolvemento da xornada.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN

De seguido expóñense as recomendacións lectoras, que dende a biblioteca se propoñen para este verán.

REVISTA ESCOLAR 2023

A continuación, preséntase a revista escolar para este curso académico 2022/2023, que está a piques de rematar. Nela refléxanse actividades realizadas ao longo do curso escolar, tanto por parte do profesorado coma do alumnado.
 


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PAR AO

Plan dixital

No seguinte arquivo adxunto poderán acceder ao plan dixital de centro.

Calendario do curso escolar 2023-2024

No seguinte enlace poderán acceder ao calendario escolar do curso 2023-2024 

 

 

Apertura do prazo de presentación de solicitudes de colaboradores/as do comedor para o curso 2023/2024

As persoas interesadas en colaborar no vindeiro curso escolar 2023/2024 nas tarefas de comedor escolar poderán formalizar a súa solicitude achegando o documento que poden descargar premendo aquí.

 

 

 

 

 

Enlace con información da ANPA

No  seguinte enlace podedes acceder a diversa información relacionada coa ANPA

 

https://anparaparigos.webador.es/

Distribuir contido