PARTIDO DA IGUALDADE

Futbol!!!!!!!!

   

Hoxe os nosos alumnos están participando no maratón de fútbol.

Moita sorte a todos!!!!!!!!!

 

Calendario de admisión 2014-2015

Este é o calendario de admisión 2015-16

Obra de teatro 4º A

Entroido 2015

                        

Entroido 2015

                

Admisión no Ceip Silleda 2014-2015

     

Día da paz 2015

                  

ANXO MOURE

                                  

BO NADAL

VISITA AO MUSEO DO TÍTERE DO NOSO ALUMNADO NO XORNAL

Click na foto para amosar a nova.

MUSEO DO TÍTERE NO PAZO DE LIÑARES

Dende o Ceip de Silleda agradecemos ao Concello de Lalín e especialmente a Anxo Basterra (dinamizador do museo e coordinador de Viravolta Títeres) que lle abrira as portas do museo do Títere aos nosos alumnos/as de 5º de E.I. Pasaron unha xornada fantástica, primeiro visitando o Muiño de Cuiña (Prado) con motivo da finalización do seu proxecto sobre o millo e posteriormente achegáronse ao Pazo de Liñares para ser uns dos primeiros visitantes do Museo do Títere que abriu as súas portas o Sábado.

     

 

 

XORNADA "XOGADE"

Os nosos alumnos/as de 4º, 5º e 6º participaron nunha proba interescolar de campo a través.

Foi unha xornada moi animada na que os alumnos disfrutaron da actividade deportiva nas instalacións da Semana Verde. Ao final o importante non son os gañadores senon as ganas de participar e de establecer relacións cos compañeiros doutros centros próximos.

Os xornais da comarca dan conta da nova:

FARO DE VIGO (clic na imaxe)

El campeonato zonal de campo a través reúne a 300 escolares

 

 

Na Voz de Galicia (clic na imaxe)

 

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

Dende o departamento de Cultura do Concello de Silleda achegannos o cartel informativo da exposición fotográfica sobre os campamentos de refuxiados saharauis, que terá lugar do 1 ao 5 de decembro no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira; organizada dende esta concellería en colaboración coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS).

O luns ás 20:00 h será a presentación desta exposición, con presencia de representantes da SOGAPS e representantes municipais. Durante esta presentación haberá unha charla-coloquio sobre a realidade saharaui e profundizarase no Programa ‘Vacacións en Paz’, de cara a que todas aquelas persoas que desexen acoller un neno ou nena saharaui durante a época de verán, poidan ter a maior información posible de primeira man. Invitan a tódalas familias que queiran participar neste programa a achegarse ao Centro Cultural Vista Alegre (Bandeira).

                                       

 

 

                                     

RESULTADOS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Proclamación de candidatos no documento adxunto.

 

MAGOSTO 2014/2015

Dende a semana pasada mirabamos impacientes o tempo para ver se nos daba un respiro e nos deixaba facer o Magosto antes de que se nos estragaran as castañas. E por fin o luns vimos que o martes sería un bo día para levar a cabo o tradicional asado de castañas.

Comezamos a mañá preparando o lume para que estivera a punto para cando baixaran os nenos/as a degustalas, acompañadas dun zume de froitas, que xa se sabe que as castañas baixan moi ben cun pouquiño de líquido.

                             

Mentres, os alumnos/as preparaban nas súas clases os cornetes e demais creacións para levar unha boa presada de castañas quentiñas e poder sentarse tranquilamente no patio a comelas.

                             

 

                                  

Unha vez rematada a degustación, que por certo pouca proba quedou, deron comezo os tradicionais xogos no patio do colexio.

-         

Sacos

                           

 

-         

Baile da vasoira

                                      

-         

Xogo do conxelado

                                                 

-         

Tiro á Corda

                                      

-         

Birlos

                      

-         

Relevos de culleres

                                             

-         

                                             

-         

Diana

                    

 

-         

Baile coas castañas

Ç                   

 

                                   

PAIS ELECTOS

No seguinte documento adxunto podedes ver a relación de pais/nais electos para as eleccións ao Consello Escolar.

Lembramos que o horario de votacións será o vindeiro martes 25 de 9:00 a 15:00 horas.

 

 

ELECCIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

  • Resolución do 19 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.
  • O obxecto desta disposición é fixar as datas para a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar, así como ditar instrucións para o seu desenvolvemento.
  • A organización e supervisión deste procedemento de elección, regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, correspóndelle á xunta electoral que estará constituída polo director do centro, un mestre ou mestra, un pai, nai ou titor/a legal e un representante do persoal de administración e servizos; designados os tres últimos por sorteo público no que se preverá a designación de membros suplentes.
  • Este sorteo farase o día 28 de outubro, ás 12:30 horas, na sala de xuntas do centro, para logo constituírse a xunta electoral o día de novembro, ás 12:00 horas. 

De conformidade co establecido no artigo 31 b) do Decreto 92/1988, do 28 de abril, é competencia da xunta electoral concretar o calendario electoral.

 

 

ACCESO AO CALENDARIO ELECTORAL

 

XENERALIDADES

FESTIVAL CONTRA O CANCRO SILLEDA 2014

O Concello de Silleda ven de facernos entrega dunhas invitacións para o Festival contra o cancro que se celebrará o vindeiro 8 de Novembro na Semana Verde. As entradas sortearanse entre os alumnos. Tedes máis información sobre o festival premendo sobre a imaxe.

O NOSO SAMAÍN NA PRENSA

A VOZ DE GALICIA

 

 

O FARO DE VIGO

Distribuir contido