FESTIVAL CONTRA O CANCRO SILLEDA 2014

O Concello de Silleda ven de facernos entrega dunhas invitacións para o Festival contra o cancro que se celebrará o vindeiro 8 de Novembro na Semana Verde. As entradas sortearanse entre os alumnos. Tedes máis información sobre o festival premendo sobre a imaxe.

O NOSO SAMAÍN NA PRENSA

A VOZ DE GALICIA

 

 

O FARO DE VIGO

SAMAÍN 2014

Hoxe celebramos o Samaín no colexio, a sala que empregamos normalmente para a exposición de cabazas quedóusenos pequena e tivemos que improvisar outros lugares onde  amosar estas marabillas.

Queremos agradecer as familias a vosa colaboración nesta exposición, a verdade é que os nenos o tiveron difícil para decantarse pola máis terrorífica, a máis divertida, a máis estrambótica e a máis orixinal. Todas estaban insuperables.

Mañá de 9:15 a 11:15 as familias teredes a oportunidade de visitar as exposicións situadas no vestíbulo do edificio de infantil, na ludoteca e nas escaleiras do primeiro andar. Despois tocará recoller ata o ano que vén, unha mágoa que non duren máis tempo.

 

Para os que non vos poidades achegar a esa hora vos deixámosvos unha pequena mostra gráfica do Samaín 2014 do Ceip de Silleda. Nos vindeiros días colgaremos máis.

 

RECURSOS DO SAMAÍN

Por se queredes pasar estes días terroríficamente sen aburrirvos......

Mamá Cabra, tamén canta ao Samaín

E BAILAMOS NO SAMAÍN

Brinca vai achéganos o seu tema "No Samaín"....queredes escoitalo?. Premede na imaxe e.......todos a bailar.

HELLS BELLS


 

 

CORTOS PARA O SAMAÍN

Ideal para estes días, unha de clásicos para que os máis pequenos e os pais desfruten sen medo a perder o sono.....

HANSEL E GRETEL

Máis do concerto didáctico. (CLIC NA FOTO)

CONCERTO DIDÁCTICO

Aí estivemos nós......(CLIK NA FOTO)

 

 

 

HANSEL E GRETEL

O luns todo o cole foi a un concerto didáctico no auditorio da Semana Verde. Pero non fomos a escoitar un concerto calquera, senón que fomos a disfrutar dun concerto con títeres.

Ademáis de desfrutar dos títeres que nos levaron polos mundos de Hansel e Gretel, uns irmás aburridos de axudar aos seus pais que deciden marchar de aventuras topando unha casiña de chocolate e unha bruxa malvada, escoitamos un quinteto de vento con trompa, frauta traveseira, óboe, clarinete e o fagot.

Pasámolo moi ben e divertímonos moito.

IMPORTANTE: AXUDA PARA LIBROS

Hoxe sae publicada na web do Concello as axudas para libros e materiais escolares. O enlace para coñecer as bases para optar polas axudas e máis información: 

http://www.silleda.es/eportal/portal/index.php?id_seccion=109&js=si&ajax=si&solo_caja=1478

Campaña escolar contra el fracaso escolar

Atención, en la optica Aflelou del 15 de septiembre al 31 de octubre Gafas gratispara los niños que lo necesiten con edad entre 5 y 7 años. Hay que pedir cita. 

http://www.alainafflelou.es/fundacion/campanas/prevencion-del-fracaso-escolar

 

 

 

Tríptico 2014-2015

                                      

Guía do alumnado

                            

DATAS DAS REUNIÓNS PARA PAIS DO PRIMEIRO CICLO.

Ás reunións de pais/nais ou titores legais de inicio de curso serán:

1º A; titora Dna. Cristina Frade o 14 de Outubro ás 15:30 horas.

1ºB; titora Dna. Alicia Saa o 16 de Setembro ás 15:30 horas.

2ºA: titor D. Miguel González o 14 de Outubro ás 16:00 horas.

2º B: titor D. Manuel Darriba o 14 de Outubro ás 16:00 horas.

CALENDARIO ESCOLAR 2014/2015

CALENDARIO ESCOLAR 2014/2015

No seguinte enlace pódese descargar o calendario escolar aprobado pola Consellería para o curso 2014/2015

 

Calendario

LIBROS DE TEXTO CURSO 2014/2015

Nos arquivos adxuntos tedes a lista de libros de texto para o vindeiro curso 2014/2015.

 

 

 

 

 

Fin de Curso 2013-014

Para conmemorar o fin de curso tivemos unha xornada moi especial, na que non faltaron actuacións, xogos, e un xantar na carballeira do colexio. 

Se queredes ver o ben que o pasamos clicade na imaxe.

Distribuir contido