REAPERTURA E MODIFICACIÓN DOS PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

Segundo o anunciado na resolución do 5 de maio (DOG 6 maio): restablecerase o prazo para a a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do dito mes.

LUNS 11 DE MAIO AO 18 DE MAIO

Horario de atención ao público: 9:00 a 14:00 horas

RECOMÉNDASE A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA A TRAVÉS DO APLICATIVO admisionalumnado

No caso de asistir presencialmente ao centro para entregar a documentación:

- Obrigatorio traer bolígrafo.

- Obrigatorio o mantemento das distancias de seguridade.

- Recomendase o uso de mascarilla.

- Esperar na porta de entrada ao edificio de primaria e subir cando remate a persoa que está tramitando a solicitude.

- Prégase traer as fotocopias dos documentos que se  precisan para realizar o trámite.

- Prégase que acuda unha soa persoa para realizar o trámite.

 

Os prazos quedan establecidos do seguinte xeito:

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

DO 11 AO 18 DE MAIO

INCLUSIVES

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PARA BAREMO

ATA O 26 DE MAIO

LISTAXES PROVISIONAIS

9 DE XUÑO

RECLAMACIÓN

10 AO 12 DE XUÑO

LISTAXES DEFINITIVAS

26 DE XUÑO

FORMALIZACIÓN DE MATRICULA

DO 1 AO 10 DE XULLO