SOLICITUDE FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2018-2019

O día 22 de maio de 2018 comeza o prazo para a presentación das solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e recibir axudas para adquirir libros de texto e material escolar. O prazo remata o 22 de xuño de 2018. As solicitudes pódenas presentar preferiblemente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal; procedemento ED330B).

Opcionalmente, poderase presentar a solicitude no centro docente. Esta pódena descargar en https://sede.xunta.gal (procedemento ED330B), na páxina web do centro, ou recollela tamén no centro.

Deberán acompañar a solicitude coa copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.

Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25015

Para descargar a solicitude preme no arquivo adxunto:

AdxuntoTamaño
impreso_solicitude.pdf2.03 MB