blogue delucia.muinos

AVISOS

O mércores día 21 as clases rematarán ás 13:00 horas.

O servizo de comedor funcionará igualmente e ás 13:45 os autobuses virán a recoller aos alumnos/as.

O alumnado usuario do servizo de canguraxe que coma no comedor será recollido polas educadoras despois do xantar.

 

 

Dende a Comunidade Educativa desexamos a tódalas familias unhas Felices Festas e vémonos de novo o día 9 de Xaneiro.

REUNIÓN ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Lembramos a todolos pais/nais do alumnado de Educación Infantil, que o martes día 6 ás 13:00 horas terá lugar a reunión cas titoras de Educación Infantil.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2016/2017

Resultado de imagen de CALENDARIO ESCOLAR

LISTAXE DEFINITIVA DE FONDO LIBROS

Clic aquí para ver a listaxe.

ERRO NA LISTAXE DE LIBROS

Hai un erro nas listaxes de libros de 4º e 6º de primaria, que xa está resolto. Aparecía o libro de relixión, pero ESTE NON HAI QUE MERCALO.

FESTA FIN DE CURSO

As despedidas sempre son tristes...por iso no CEIP intentamos facelas un pouquiño máis levadeiras...Agradecemos a todos/as que fixeron posible, coas súas colaboracións, que este fin de curso volvese a ser especial.

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º E.I.

Despedimos de E.I. ao noso alumnado que para o curso que vén será recibido polos compañeiros/as de primaria. Algúns continúan con nós, outros o farán noutro centro. Do xeito que sexa desexámolles que teñan un bo comezo de curso.

E así foi a súa graduación........

Clic na imaxe.

 

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS DO FONDO SOLIDARIO

Xa está resolto o problema coas listaxes de 4º e 6º. Aquí tedes a listaxe completa de todos os cursos. Lembramos que, salvo problemas informáticos, as listaxes definitivas sairán o luns día 11.

Prema na imaxe.

Resultado de imagen de dibujos libros de texto

 

REUNIÓN NOVO ALUMNADO DE 3 ANOS.

Informamos a pais/nais/titores-as legais que a reunión co Equipo de Educación Infantil do novo alumnado de 3 anos que se incorpora para o seguinte curso (2016/2017) será o vindeiro xoves día 23 de xuño ás 11:30 horas na biblioteca do centro.

FONDO LIBROS DE TEXTO

Lembramos a todos que o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º beneficiario do fondo libros ou de cheque para mercar os libros de texto deste curso (2015/2016), teñen a obriga de entregalos ao titor antes do 23 de xuño en perfecto estado (sen roturas, emendas, riscaduras, escrito, etc.) no caso contrario non poderá ser beneficiarios de libros para o curso 2016/2017.

 

 

6º ROMARÍA DAS FAMILIAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO, FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR.

Poña especial coidado á hora de cumprimentar o anexo I e en ler atentamente a documentación que se acompaña con esta nova.

- PRAZOS

 - Cubrir ANEXO I (páx. 1-4). 

- DOCUMENTACIÓN a entregar coa solicitude 

- RENTA PER CÁPITA da unidade familiar.

 - Para máis informaciónhttp://www.edu.xunta.gal/portal/node/18988

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016/2017

Para ver a listaxe definitiva prema AQUÍ.

1º PREMIO MELLOR CÓMIC. CATEGORÍA EDUCACIÓN PRIMARIA

Premer na imaxe para ver o cómic gañador "A lenda de Penadauga".

1º PREMIO MELLOR CÓMIC. CATEGORÍA EDUCACIÓN INFANTIL

Para ver o traballo destes artistas prema na imaxe.

CONCURSO DE COMICS

A proposta, por parte do xurado, da adxudicación dos premios do I Concurso de Cómic da Biblioteca Municipal "Daniel Castelao" foi:

- Na categoría de EDUCACIÓN INFANTIL:

1º premio mellor cómic para "As viaxes de Ambrosio por terras de Silleda" (CEIP DE SILLEDA)

- Na categoría de EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º mellor cómic para "A lenda de Penadauga" (6º CEIP DE SILLEDA)

2º mellor guión para "A conta atrás" (6º CEIP RAMÓN DE VALENZUELA)

3º mellor ilustración para "A mellor tortilla" (5º CEIP SILLEDA)

 

O CEIP de Silleda fíxose con 3 premios, parabéns a tódolos premiados e para aqueles alumnos/as que participaron no concurso.

 

Ao longo da semana iremos poñendo os cómics participantes.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2016/2017

O prazo de reclamación contra estas listaxes provisionais será de 5 días hábiles e presentarase a través da secretaría do centro.

OUTRO FUTURO CAMPIÓN NA ESCOLA

Moito ánimo e sorte para o noso alumno Brais, que a pesares da súa idade non lle asusta competir con deportista con máis experiencia e idade.

Brais Fontao y Pan Duriña, ayer, en Botos, donde vive la familia del joven deportista. // Bernabé/Javier Lalín

DISERTACIÓN "PEGADAS QUE PERDURAN - OS DINOSAUROS"

En días pasados tivemos a honra de contar no noso centro con expertos especialistas no mundo dos Dinosauros. Agradecemos o tempo dedicado a acercarnos un pouco máis ao fantástico mundo dos dinosauros.

 

Deixamos o vídeo coa disertación dos especialistas.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016/2017

A partires do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2016/17.

Clic para visualizar a CIRCULAR DE ADMISIÓN

 

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

Distribuir contido