Antroido 2018

O pasado venres celebramos o Antroido no noso colexio. A temática dos disfraces foi a mitoloxía: dende o mundo máxico e fantástico de Harry Potter e Hogwarts ata a mitoloxía clásica grega. Aínda que o tempo non acompañou por momentos, o alumnado do CEIP de Sigüeiro desfilou polas rúas da vila mostrando os seus disfraces e o traballo das últimas semanas.

Despois do pasarrúas, volveriamos ao colexio onde presentariamos cada disfrace ao ritmo da música no pavillón e ante a atenta mirada dos pais e nais que nos quixeron acompañar.

Por último, agardábanos unha saborosa merenda no patio composta por orellas, periquitos e filloas elaboradas alí mesmo por pais, nais, avós e avoas...

A TVG acompañounos durante esta xornada e gravou unha reportaxe que emitiu o mesmo día no matinal A Revista a partir dos minutos 8:25 e 32:45 e no Telexornal Mediodía a partir do minuto 47:10.

Xa temos o álbum completo aquí:

Álbum: Curso 2017 - 2018 -> Antroido 2018