Trabalinguas e viralínguas

O pasado 21 de febreiro, con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, gravamos uns trabalinguas en galego para compartir cos nosos socios do proxecto europeo L@ngu@ges4all.

No mes de marzo, cada centro emparellouse con outro centro estranxeiro e reproducimos os seus trabalinguas nun video. A nós tocounos o cluster de colexios Dr. Francisco Sanches do veciño Portugal e aquí están os nosos viralínguas en portugués.

 

Eles fixeron o mesmo cos nosos trabalinguas. Queredes ver que tal lle saíron?