Skip to Content

Artigos

Videoconferencia para as familias que queren coñecer o centro

09/03/2021 18:00
Europe/Madrid

Este martes 9 de marzo, ás 18:00 horas, imos realizar unha videoconferencia para as familias interesadas en coñecer o colexio con vistas ao curso escolar 2021-2022. Se queres participar envía un correo a ceip.sestelo.baion@edu.xunta.gal

A videoconferencia efectuarase a través de Cisco Webex, que é a plataforma que proporciona a Xunta de Galicia aos centros educativos galegos. 

O edificio e o recinto escolar

O actual edificio do CEIP de Sestelo-Baión foi inaugurado en febreiro de 1990, ten dúas plantas e aproximadamente unhas dimensións de 60 x 20 m. Na planta baixa atópanse as aulas de infantil, o salón de actos e comedor, a aula de pedagoxía terapéutica, a sala de profesores, a dirección, a secretaría e a conserxería do centro.

Na planta superior están todas as aulas de primaria ademais da biblioteca, aula de música, aula de audición e linguaxe, sala de ordenadores (aula de inglés), aula de plástica e laboratorio, departamento de orientación, titorías e almacéns. Hai servizos para nenos e para nenas tanto nunha planta como na outra.

Desde a apertura do polígono de Baión o acceso principal efectúase desde a ampla zona de estacionamento a través da cancela de entrada que xa está á mesma altura que as aulas da planta baixa. O transporte escolar para diante da liña amarela que indica o vado correspondente. Vale a pena lembrar tamén que o colexio dispón de ascensor de uso limitado.

O anterior acceso, dotado de timbre conectado á conserxería, utilízase sobre todo para entradas e saídas durante o período lectivo, para o paso dos alumnos que forman parte do plan madruga e para a recollida dos alumnos despois do servizo de comedor.

___


Os columpios

A zona lúdica do patio ten tobogán, balancín, areeiro e casiña para os máis pequenos.

Os columpios

Aula de Música

A aula específica para Música dispón de ordenador conectado a proxector, pantalla e equipo de son. Ademais, o equipamento complétase con instrumentos, biblioteca e colección de CDs.

Aula de Música

Área de estacionamento

O colexio dispón dunha ampla zona de estacionamento, o que fai moito máis cómodas as chegadas ao centro educativo.

Área de estacionamento

A planta superior

Na segunda planta atópanse as aulas de primaria, Inglés, Música, Sala TIC e obradoiro de Plástica, ademais das titorías e o departamento de Orientación.

A planta superior

O campo

O patio do colexio dispón dunha zona verde arborada que é ideal para facer festas e xogos en grupo. Existe ademais unha área de columpios, areeiro e unha fonte.

O campo

O salón de actos

O salón de actos está equipado con canón de video, pantalla e sistema de audio. O escenario elevado favorece as representacións teatrais e as actividades de danza e música.

O salón de actos

A biblioteca

A biblioteca do centro ofrece unha ampla oferta de libros para todos os ciclos, distribuídos en andeis identificados pola súa cor correspondente, así como material de consulta en todas as áreas do saber. A biblioteca forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). 

A biblioteca

Entrada

Na banda sur da planta baixa atópase a Secretaría, Salón de Actos, Sala de Profesores, Aula de PT e Biblioteca.

Entrada


by Dr. Radut