Skip to Content

Artigos

Visita a Pontevedra

O venres 12 de abril, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria realizamos unha visita ao Museo de Pontevedra.   Foi do máis interesante é entretida. Por unha banda, o alumnado de 3º e 4º xogou a ser detectives, seguindo  unha serie de pistas foron quen de descubrir quen  “roubara un dos cadros do museo”. Por outra banda, o alumnado de 5º e 6º realizou unha interesante viaxe pola Prehistoria na que aprenderon un montón de cousas.  Dende o Museo convidaron aos rapaces e rapazas a volver visitar o Museo acompañados das súas familias, xa que aínda lle quedaron moitas salas por descubrir, a visita é gratuíta e realizan talleres e actividades para os rapaces e rapazas que poden consultar na súa páxina web.

Por último, realizamos unha visita guiada polo centro histórico da cidade na que descubriron os segredos e a historia das súas rúas, prazas e edificios máis emblemáticos. Dende aquí o noso agradecemento á Deputación de Pontevedra por facilitarnos á visita e o desprazamento ao museo e á Oficina de Municipal de Turismo de Pontevedra e, en especial, á súa guía Raquel que tan ben nos acompañou e explicou todo.

(pincha na imaxe para ver máis fotos)

Álbum: Curso 2023/2024 -> Visitamos Pontevedra

O bosque atlántico

O educador ambiental Marcos Guiadanes visitou o noso centro para dar unha charla ao noso alumnado de quinto e sexto de primaria. O tema da exposición foi "O BOSQUE ATLÁNTICO".

Foi unha charla moi amena onde puidemos saber cales son as especies árboreas orixinais do noso ecosístema e coñecer que o principal problema que padece esta parte de Galicia é a alarmante redución da grande biodiversidade que existiu nun dos ecosistemas máis ricos do planeta como é o bosque atlántico. Marcos fíxonos reflexionar sobre a tarefa que temos para correxilo e que corresponde aos que vivimos aquí.

Agradecer ao concello de Vilanova pola organización desta actividade.

E.. chegou o Entroido!!!

Como este curso Sestelo é un cole de Cine, tocou disfrazarse de personaxes da gran pantalla.
E, como xa vén sendo tradición, as familias acompañáronnos nesta celebración e colaboraron traendo uns doces típicos destas datas: orellas, filloas, rosquillas... Estaban de película!
Graciñas pola vosa colaboración.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Entroido de Cine!

Obradoiro de primeiros auxilios

A educación en primeiros auxilios prepara aos estudantes a afrontar situacións de emerxencia médica. É importante que os nenos e nenas aprendan como actuar en caso dunha emerxencia e teñan as habilidades necesarias para previr unha situación de risco. Por iso, e grazas a colaboración da Anpa do centro, o alumnado de cuarto, quinto e sexto de primaria participou nun obradoiro onde aprenderon as técnicas asistenciais básicas de reanimación cardiopulmonar (RCP). A actividade foi impartida por Rubén Navarro, profesor da USC e veciño de Vilanova.

Agradecer a Rubén e a Anpa a organización desta interesante actividade.

 

 
   

30 de Xaneiro, Día da Paz

Festa de Nadal

Preparados para celebrar o Nadal!!!!

Estes días estivemos decorando o centro para a celebración do Nadal. O último día lectivo deste ano teremos unha gran festa con chocolatada, badaladas e festival de cine.

Moitas grazas ás familias que colaboraron, xunto aos nenos e nenas, na decoración e a anpa por proporcionarnos a degustación dese día.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Decoración de Nadal

Samaín

E por fín...a primeira celebración do curso!

Tede coidado coas bruxas, demos, trasnos e pantasmas que percorrerán hoxe o noso cole!! Chegou o Samaín!!!

Na entrada do cole están expostas, nun tunel do medo, as cabazas que fixéchedes na casa coa axuda das vosas familias.

Vai ser un día moi especial con película TERRORÍFICA en todas as salas dos cines Sestelo.

Hoxe toca PASAR UN POUQUIÑO DE MEDO!!!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Samaín

Visita ao Pazo de Baión

O alumnado de primaria tivo a oportunidade de visitar o pazo veciño ao noso colexio, o Pazo de Baión, propiedade da adega "Condes de Albarei". Percorremos os viñedos que estaban en plena vendima e experimentamos cos nosos sentidos como se realizaba a recolección da uva.

Disfrutamos durante unhas horas deste espazo con tanta beleza paixasística e arquitectónica.

Grazas aos responsables do pazo por facilitarnos a visita.

(Ver fotos)



by Dr. Radut