Vendima 2018

Estos días atrás fomos a vendimar a unha leira a carón do centro.

A tarefa favoreceu a colaboración e o traballo entre distintos grupos polo que afillados e padriños lectores puidemos compartir novas experiencias. Empregamos capazos, tesoiras, cestos... para cortar e recoller os acios das vides .

Despois dunha xornada tan satisfactoria só nos queda agradecerlle aos propietarios a invitación recibida e a súa colaboración desinteresada.

Moitas grazas e ata a próxima