CÓMO CONTRIBUIR A MELLORAR A AUTOESTIMA DOS NOSOS NENOS E NENAS
A autoestima dos nenos/as vese afectada polas etiquetas que moitas veces os propios adultos lle colgaron no seu momento. Neste caso referímonos ó neno/a etiquetado ou encasillado nun defecto ou rasgo de carácter negativo: “é un folgazán”, “é moi desordenado”, “é contestón”, “é mentireiro”,etc. Sábese o negativo que pode resultar para un neno/a que se lle marque ou se lle defina con calquera destas etiquetas. Fálase de a “profecía autocumprida” para referirse a este fenómeno: a mesma etiqueta fai que o neno se comporte deste xeito. O mecanismo que pode facer que funcione a etiqueta podería ser: “se todos están de acordo en que son (desordenado, vago,...) é que debo selo, entón é loxico que me comporte así...”
Sacar a un neno deste círculo vicioso non é doado, e para elo necesítase trazar un plan. As seguintes orientacións poden servirlle ós pais nos seus intentos por axudar ó neno/a:
1-Sempre que se poida, hai que devolverlle unha nova visión de sí mesmo. Imos poñer o exemplo do neno que se tacha de “desordenado”. Neste caso trataríase de darlle mensaxes do tipo: “qué ben ordenados tes os cromos, fan un montón perfecto”.
Esta estratexia é parecida a cando ignoramos a conducta incorrecta e intentamos “pillar” ó neno/a portándose ben para prestarlle atención.
2-Darlle a oportunidade de amosar o comportamento contrario e/ou correcto.
“Acábanme de chamar para que saia rapidamente e non me da tempo de recoller a caixa de ferramentas. Importaríache gardar as cousas dentro da caixa e deixala na estantería? Grazas.”
Estámolles dando unha mensaxe: “ti podes e eu confío en que o fagas, para min non eres un caso perdido”. Ademais dámoslle a oportunidade de agradecerlle o favor e premiarlle a súa boa conducta.
3-Eloxiar a súa boa conducta estando presente alguén.
“É un experto en cómics. Tenos todos ordenados por coleccións e localízache un en menos do que canta un galo”.
Ó comprobar o neno/a como valoramos ese compartamento, que ata o comentamos con outras persoas, motivarase a continuar nesa liña.
4-Amosarlle a conducta adecuada.
“Sempre que teño que ordear esta estantería paréceme aburrido e cóstame moitísimo. Esta vez vou empregar a estratexia de ordear unha fila de valdas cada día; nunha semana estará lista”.
Aquí poñémonos na súa pel, expresando a dificultade que supón ordear algo, e ademais ofrecémoslle unha alternativa que pode axudarnos a acadalo.
5-Lembrarlle experiencias pasadas nas que amosou o comportamento correcto.
“Aquel álbum de cromos completáchelo todo. Lembro que apenas che tiven que axudar a pegar cada cromo no seu sitio.”
Inténtase contrarrestar a etiqueta, ofrecéndolle mensaxes parecidos ós da segunda estratexia.
6-Amosarlle a nosa desaprobación e decirlle como actuar cando se comporte inadecuadamente.
“Non me gusta como quedaron as pezas do quebracabezas todas ciscadas. Unha vez que as recollas podes xogar,...”
Con todo, procuramos que o neno se sinta valorado, con confianza en si mesmo, que sinta autorrealización pola consecución de tarefas e disfrute realizándoas.