1ª XORNADA NON COMPETITIVA ESCOLAR DE BADMINTON

O pasado venres 12 de novembro participamos nunha xuntanza non  competitiva de bádminton (a seguinte será o vindeiro 4 de febreiro) con escolares do Val Miñor. Serviu de adestramento para o torneo escolar de bádminton que se desenvolverá o 4 de marzo de 2011. Resaltar o bo xogo empregado e o exemplar comportamento na pista dos nosos alumnos/as participantes. Esperamos que nas seguintes xuntanzas se anoten moitos/as máis. Temos que dar as grazas a Marcos e Lucas de 3ºB, a Roi e Noemi de 4º, a Kevin, Carla, Daniel, Gael, Alex e David de 5º e a Jorge, Juan Carlos, Miguel, Anuska, Sara, Marcos, Estela e Martín de 6º pola súa participación.