CALENDARIO ESCOLAR

DESCARGAR CALENDARIO LECTIVO PARA AS FAMILIA

 

No 2º ciclo de Educación Infantil, na Educación Primaria e na Educación Especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2018 ao 21 de xuño de 2019, ambos inclusive

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro é de 10 días lectivos desde a data de inicio das clases. 

Quedan por elixir 2 días non lectivos de libre elección que acordará o Consello Escolar do Centro no mes de outubro. 

Despois da súa aprobación pola Xefatura Territorial da Consellería de Educación, enviaremos ás familias o calendario escolar actualizado que deberá gardarse durante todo o curso escolar para a súa consulta xa que non daremos notas de aviso.

Se queredes consultar a orde pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2018/19 e o calendario editado pola Consellería de Educación, deixamosvos un enlace:

 

CALENDARIO ESCOLAR 2018/2019 | CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O. U.

 

AdxuntoTamaño
Calendario Familias 2018-19.pdf70.25 KB