Matrícula 2016-2017 e axuda de libros.

Prazo de matrícula do 20 ao 30 de xuño. Prazo de axuda de libros ata o 23 de xuño.

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos 2016/2017.

Adxúntanse os arquivos do procedemento para a admisión en centros docentes sustentados con fondos públicos para o CURSO 2016/2017.

LIBROS DE TEXTO 2016/2017

 

Preme nos libros do rapaz para acceder ás listas

Información Matrícula 2015/2016.

Adxúntanse os documentos relacionados coa información para a matrícula do Curso 2015/2016.

Calendario Escolar 2016-2017

O comezo do Curso 2016-2017 é o día 12 de setembro, ás 09:00h. Polo entrada dianteira, 4º-5º-6º. Pola entrada do patio traseiro(patio de columnas), 1º-2º-3º.

IV CERTAME NO VERÁN, REFRÉSCATE CON LIBROS

Entre os gañadores algúns dos nosos alumnos

II CERTAME DE VIDEO QUEREMOS GALEGO

A pesar de todo o traballo acumulado sempre temos un buratiño para participar naquelas propostas que pagan a pena como o Concurso de Video de Queremos Galego Marin. Estes son os catro videos cos que os nosos alumnos participan

 

CASTELAO EN MARÍN

Traballo preparatorio dos Nenos, á visita ao Cruceiro do Cantodarea, completado con fotos e debuxos da visita ao Cruceiro. Castelao fixoo a finais dos 20 e nos a finais dos 10; séculos diferentes e en localizacións diferentes, pois o cruceiro estaba daquela pretiño da Lonxa Vella.O traballo foi compartido entre distintos grupos e contamos sen eles sabelo coa colaboracion do blog Mogor Rías Baixas para parte do traballo que se centra na estadía de Castelao na localidade

O luns colocamos o boi diante dos carros, e aló que nos fomos a seguir as pegadas de Castelao por Marín, pegadas iso si incompletas, pois hai moito máis de Castelao pola contorna

 

SOMOS FALA

Seguindo no noso proxecto ata o último día. Hoxe a mañá dentro do proxecto "Marín sabe a Mar" os rapaces foron a onde máis se sabe de peixe, á Praza de Abastos de Marín e largaron uns lances pola praza á captura do inmenso e rico léxico mariñeiro que inda conservamos na vila e que por falta de transmisión axeitada estase irremisiblemente perdendo. Preguntaron a quen máis sabe: os que de a cotío compran e por suposto, á que xente que fai do peixe o seu traballo. Topamos con moitos veciños, parientes e ata algún pai e nai, que nos souberon dar fé dos peixes de Marín: rabada, ollón, cazapa (pronunciese casapa)... E coma se dun Domund da lingua galega se tratara a todos aqueles que nos daban un nome repartiamoslles estas fermosas pegatinas de "Somos fala". 

Non eramos moi ambiciosos, 100 pediamos e ás 100 chegamos

 

INAUGURACIÓN DO COMEDOR

Coa presenza das autoridades locales inauguramos o noso comedor

CONCURSO DE ADHESIVO CEIP ESPIÑEIRA ALDÁN

Imos poñerlle cara á gañadora do concurso de Adhesivos que convocou ao centro irmán do CEIP Espiñeira de Aldán, ao que lle agradecemos moitisimo a súa colaboración todos estes anos. Ana Barrera Novás e o seu deseño

SEGUINDO AS PEGADAS DE CASTELAO

Fomos cara ao barrio mariñeiro por antonomasia de Marín e alí "Seguimos as pegadas de Castelao" para ir ver e debuxar o mesmo cruceiro que el incluiu na súa obra Cruces de Pedra da Galiza e que debuxou aló polos anos 20.

Moitos foron os que manifestaron as súas dúbidas respecto a este cruceiro que agora se atopa na capela de S, Jose do Cantodarea. Castelao describeo así: "A Virxe do Socorro ten un estadullo na man, para golpear ao demo que ten aos seus pés, que ergue un brazo armado cun fouciño intentando tirar abaixo a un neno que rube pola saia da señora, quen sostén na outra man ao neno Xesús". Todo isto foi o que viron e debuxaron os nenos.

Neste ano Castelao quixemos seguir as súas pegadas por Marín, porque en palabras de Chano Piñeiro: "Non hai mellor xeito de ser universal, que sendo galegos". Está ben coñecer aos demáis e ao mundo, pero primeiro coñecete a ti mesmo, e niso os galegos temos un déficit moi grande. 

TALLER DE LINGUAXE CINEMATOGRÁFICA

Durante o terceiro trimestre a aula de 6º B, baixo a dirección dunha das nais dos rapaces, levou a cabo un taller de linguaxe cinematográfica centrado na técnica do stop motion do que estes dous videos son os primieros productos

 

CANTANDO A MANUEL MARÍA NA PRENSA

Cando teñamos o video poñeremosvos a versión tan bonita que en tan pouco tempo, os rapaces e profesores de 5º cantaron no Ateneo Santa Cecilia, entrementres, a reseña de prensa do acto

CONCURSO DO IES MESTRE LANDÍN

Aixa Sanjorge de 6º B gañadora no concurso de esophías e Sergio Pazó de 6º A no de fotografía, onte no día do Instituto que organizaron os compañeiros do IES Mestre Landín.

SOÑOS NA GAIOLA NO ATENEO STA CECILIA

Omnipresente, a palabra de Manuel María, estivo hoxe en Santa Cecilia na voz de Senen Vaamonde e o que é máis importante na dos nosos rapaces. Un millón de grazas ás profes (Mirta Buceta Perez, Mª Mar e Mª Carmen), pais e nenos de 5º que encheron o local, e aos meus Sergio, Carmen, Carmela e Ana Belén, que a pesar do fútbol alí estiveron cantando; a David Iglesias P. DavideMarín que se apunta a calquera tiroteo que lle propoñamos e a Jose Iglesias Fernandez por facernos soñar con Manuel María. E nós como colexio a seguir transmitindo, a pesar do futbol, dos atrancos, do plurilinguismo, da disglosia, a pesar dos pesares...

O SEQUELO E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

OS MÚSICOS DE BREMEN

Marabillosa a adaptación do conto tradicional que fixeron os nenos de 5º A baixo a coordinación da profe Mari Carmen

VOTA OS TEUS CHISTES PREFERIDOS

MARÍN TERRA DA CHISPA II

Quedaban inda algúns chistes por publicar.  Agora xa todos podedes votar

Powered by Drupal - Design by artinet