Iniciar sesión: Acceso

ENTROIDO 2021 NO COLE DE SEIXO

ENTROIDO 2021

Estimadas familias,

A vindeira semana do 8 ao 12 de febreiro 2021 imos celebrar o Entroido.

A temática do PDI (proxecto do centro) deste curso é “Arnaldo coida a saúde”.

As actividades a desenvolver serán as seguintes:

MANDADIÑO

Na semana do 8 ao 12 de febrero faremos o mandadiño (consiste en que os nenos e nenas traian posto da casa o complemento correspondente a cada día, sumándolle o do anterior:

  • O Luns para comezar calcetíns de diferente cor, canto máis bonitos, millor.
  • O Martes para continuar a camiseta do revés debes levar.
  • O Mércores para nos animar de raias, lunares ou flores vestid@ virás.
  • O Xoves non te esquezas de levar algo na cabeza (diadema, gafas, pinzas….divertidas, pero que non tape o rostro- lembrade que temos ás máscaras).
  • O Venres: ENTROIDO TOTAL e levarán para a casa o DISFRAZ FEITO NO COLE.

VENRES 12 DE FEBREIRO

DESFILE:

Se o tempo o permite, farémolo por grupos de convivencia estable no exterior do centro e despois amosarémovolo nunha montaxe de vídeo a través do blogue da Biblioteca do centro.

DEGUSTACIÓN:

A degustación de doces típicos desta festa (orellas, filloas, chulas,…) será en cada aula durante o momento da merenda. Cada alumn@ traerá de xeito individual para el/ela mesmo/a. Lembrade que non se pode compartir.

 Moitas grazas pola vosa colaboración!!

Nota: Segundo o calendario escolar, as clases reanudaránse o xoves 18 de febreiro de 2021.

Equipo de Actividades

Complementarias e Extraescolares.

AdxuntoTamaño
MANDADIÑOS ENTROIDO 2021.pdf4.97 MB