Semana de sensibilización de discapacidades "CAPACIDADES DIFERENTES, CORAZÓNS IGUAIS"

Dende o Departamento de Orientación xunto co grupo de Dinamización da convivencia do centro ten organizada para a vindeira semana, do 10 ao 14 de xuño (ámbolos dous incluídos) unha semana chea de actividades de concienciación, sensibilización e reflexión en relación a algunhas das dificultades coas que se atopan as persoas con discapacidade.

Tamén pretendemos dar a coñecer medios. técnicas e/ou sistemas que utilizan as persoas con discapacidade no seu día a día.

 

Para a organización e posta en práctica das diferentes actividades contamos coa colaboración e apoio da mestra de Educación Física, a coordinadora de Educación Infantil e mestra de Psicomotricidade, a mestra de Relixión, os/as mestras de Valores dos diferentes grupos, a mestra de Ed. Musical, a mestra de atención educativa da ONCE, os/as titor/as dos diferentes grupos e de todo o claustro en xeral. SEN TODOS/AS ELES/AS NON SERÍA POSIBLE!!!

 

Damos comezo a unha semana, na que o fin último é aprender entre todos e para todos.

Queremos aproveitar para dar as grazas ás familias dos nenos/as do servizo de rehabilitación do CHUO pola aportación das cadeiras de rodas para poder levar a cabo as diferentes actividades; unha aportación coordinada pola Dr. Cristina Laguna Mena.

Tamén o noso agradecemento á ONCE pola aportación de diverso material para as actividades prácticas; así como as grazas á nosa mestra de atención educativa da ONCE, Sandra López Calvo polo seu traballo, colaboración e asesoramento.

 

A estas actividades hai que sumar todas as actividades que se levaron a cabo en 1ºB, 3ºA e B  durante o curso tratando de aproximar ao alumnado á lingua de signos. Nesta ocasión foron actividades organizadas polas titoras e que contaron coa colaboración de dúas intérpretes de lingua de signos e mediadoras de comunicación así como da FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).

Vos deixamos tamén a canción que escoitaremos esta semana no timbre de entrada e saída ao cole que nos fala da importancia de respectar e aceptar a diversidade. Premede no botón naranxa para esoitala.

Powered by Drupal - Design by artinet