BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

No seguinte enlace atoparedes toda a información relativa á solicitude de bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

O prazo de presentación de solicitudes é dendo o 28 de xullo ao 26 de setembro

Os gabinetes ou centros de reeducación aos que acoden os alumnos xa poden comezar a tramitar ditas solicitudes.

O Departamento de Orientación recollerá as solicitudes para proceder á súa validación dende o 2 ata o 26 de setembro ámbolos dous incluidos (prégase pedir cita con anterioridade para poder levar a cabo unha atención o máis áxil e individualizada posible); así como para informar e tratar de resolver todas as dúbidas que puideran xurdir.

 

PREMER PARA ACCEDER A TODA A INFORMACIÓN

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDO DE LIBROS

Xa están dispoñibles as listaxes definitivas do Fondo de Libros.

 

Os libros adxudicados serán entregados ao alumnado o 1º día de clase.

 

As clases darán comezo o Mércores 11 de Setembro.

Xa temos xornada única

No día de hoxe comunicóusenos oficialmente que a xornada única solicitada estaba concedida, polo que o vindeiro curso 2019/2020 o horario do centro sería TODO O CURSO o mesmo que tiñamos ata agora nos meses de setembro e xuño: de 9:30 a 14:30 horario lectivo e de 14:30 a 15:45 comedor, saíndo o transporte escolar ás !5:45. 

Grazas a todos os que o fixestes posible. Bo verán!!

LISTAXES PROVISIONAIS E VALES LIBROS E MATERIAL - CURSO 2019 - 2020

Xa están dispoñibles as listaxes provisionais do Fondo de Libros e os Vales de Material e Libros de Texto.

 

O período de reclamación será ata o martes 9 de Xullo (inclusive).

 

Os Vales de Material e de Libros estarán dispoñibles para recoller na secretaría do centro desde o Luns 8 de Xullo ata o vindeiro Luns 15 de Xullo, en horario de mañá de 10:00 a 13:00 horas.

Xornal Escolar 2018/2019

Xa temos listo o xornal escolar "Seixo Branco" deste curso. Non deixedes de ollar as súas páxinas con moitos e diversos contidos de todo tipo. Agora que se presenta un longo tempo de vacacións disporedes de moitas horas para saborear cada unha das súas páxinas. Esperamos que vos guste!

 

Dia nacional das linguas de signos

Hoxe, 14 de xuño, celébrase o Día Nacional das Linguas de signos, e os alumnos de 3º A e B e 1º B preséntannos un vídeo no que recollen o traballo realizado neste curso sobre este tema. Unha bonita canción que con moito esforzo, entrega e entusiasmo aprenderon na lingua de signos. Aquí vos queda o vídeo para que a disfrutedes! Noraboa a todos os que o fixeron posible! 

Últimas novidades da bilbioteca

Estamos chegando ao final do curso e dende a Biblioteca vos amosamos as últimas novidades que pasan q formar parte dos nosos andeis. Tamén neste mes se deixará de facer o préstamo para pasar a organizar e preparar a biblioteca de cara ao curso que vén. Non esquezades devolver os libros que aínda tedes na casa! Non deixedes no verán de practicar ese hábito tan saudable e beneficioso e como non, pracentero como é a lectura. Pronto estaremos de volta con moitísimas novidades para xuntos seguir aprendendo e disfrutando das vantaxes da lectura. Bo verán!

Semana de sensibilización de discapacidades "CAPACIDADES DIFERENTES, CORAZÓNS IGUAIS"

Dende o Departamento de Orientación xunto co grupo de Dinamización da convivencia do centro ten organizada para a vindeira semana, do 10 ao 14 de xuño (ámbolos dous incluídos) unha semana chea de actividades de concienciación, sensibilización e reflexión en relación a algunhas das dificultades coas que se atopan as persoas con discapacidade.

Tamén pretendemos dar a coñecer medios. técnicas e/ou sistemas que utilizan as persoas con discapacidade no seu día a día.

 

Para a organización e posta en práctica das diferentes actividades contamos coa colaboración e apoio da mestra de Educación Física, a coordinadora de Educación Infantil e mestra de Psicomotricidade, a mestra de Relixión, os/as mestras de Valores dos diferentes grupos, a mestra de Ed. Musical, a mestra de atención educativa da ONCE, os/as titor/as dos diferentes grupos e de todo o claustro en xeral. SEN TODOS/AS ELES/AS NON SERÍA POSIBLE!!!

 

Damos comezo a unha semana, na que o fin último é aprender entre todos e para todos.

DIA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DA SÍNDROME CDG

O pasado día 16 de Maio, tal como anunciamos na nosa web, conmemoramos o día mundial da CDG.

Realizamos unha actividade facilitada por FEDER (Federación Española De Enfermidades Raras).

A profe Belén contounos a historia de Federito, un trébol moi especial... TEN 4 FOLLAS!

Un trébol TAN ESPECIAL COMA O NOSO ALUMNO!!!

A Titora de 1ºB

Máis actividades

Na seguinte presentación deixámosvos algunhas das últimas actividades realizadas no centro por diferentes cursos. Os nenos de 3º, o 30 de abril saíron de excursión a visitar as instalacións de Finsa e de Ambulancias Rodríguez. Os nenos de 1º e 2º disfrutaron dunha sesión de contacontos levada a cabo por Sabela grazas a editorial SM. Pola súa  parte en Infantil levouse a cabo unha actividade de saúde bucodental, na que os pequenos aprenderon a cepillarse os dentes correctamente. E xa para rematar deixámosvos algún exemplo dos traballos realizados con motivo do día do libro. Se pinchades nas imaxes, veredes máis fotos de cada actividade.

Novidades de maio da biblioteca

Xa están aquí os novos títulos do mes de maio para que poidades disfrutalos na nosa biblioteca.

DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME CDG

 

 

Hoxe, 16 de Maio é o día mundial da concienciación da CDG.

Un ano máis, queremos mostrar o noso apoio para tratar de darlle máis visibilidade a esta enfermidade.

 

 

O noso alumno Miguel, ten CDG. No seguinte enlace, podemos visualizar parte da historia da vida de Miguel nunha entrevista realizada á nai por parte da plataforma Rarecommons de Barcelona en outubro de 2015. "Nacer, crecer e aprender con CDG"

https://www.rarecommons.org/es/actualidad/nacer-crecer-aprender-cdg

 

Loitemos por máis investigación!

Loitemos por un tratamento curativo!

 Entre TOD@S podemos conseguilo!!!

TOD@S con Miguel!!. TOD@S coa CDG!!!

 

BIBLIOTECA PARA FAMILIAS

 

Dende o Departamento de Orientación poñemos en marcha o servizo de préstamo de libros para as familias. Para a súa posta en marcha contamos coa colaboración do Equipo de Dinamización de Convivencia e co Equipo de Biblioteca.

Papás del mundo // Mónica Carretero

 

 

 

 

 

 

 

 

Ricas e exquisitas novidades de abril

Non deixedes de pasar pola biblioteca que neste mes cocíñanse uns títulos moi interesantes. Dádevos présa porque ademais chegou ao cole un monstruo famento disposto a comerse todos eses libros e  máis, asíque a por eles antes de que desaparezan!!

Novidades do mes de marzo

Xa están a vosa disposición os últimos títulos que forman parte da nosa biblioteca. Non deixedes de botarlles un olllo, seguro que atopades o voso preferido!

ÉXITO TOTAL DO ENTROIDO

O venres 1 de marzo celebramos como estaba previsto o desfile polo pobo de Seixalbo. Saímos ás once e fixemos o percorrido polas rúas recibindo o agarimo e aplauso do público. Xa na praza, presidida pola presenza no balcón de Paquita e Nicanor, realizamos as coreografías que preparamos durante estes días. Este ano acompañounos Vicentiño despois de estar todo o curso connosco e conseguir graduarse e que será entregado o martes de entroido a outro veciño ou veciña do pobo. Foi unha xornada moi divertida que encheu as rúas de música, cor e alegría. Aquí vos quedan vídeos e fotos de todo o acontecido.

Preparando o Entroido 2019

Levamos uns días preparando os disfraces que luciremos o vindeiro venres un de marzo no desfile de entroido que faremos polo pobo de Seixalbo. Aquí vos deixamos o cartel con toda a información. Agardámosvos a todos!

APRENDENDO SOBRE DIABETE!!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN RESUMO DUNHA XORNADA MOI ENRIQUECEDORA E DA QUE POLO DE PRONTO CONTINUARÁ CON GRANDES SORPRESAS. ESTADE MOI ATENTOS!!!

MOITAS GRAZAS Á ASOCIACIÓN DE DIABETE AURIA POR DARNOS A OPCIÓN DE FORMARNOS E INFORMARNOS.

ATA PRONTO

 

 

 

.

Saída 3º A e 3º B

Os alumnos de terceiro realizaron unha saída ao centro da cidade onde visitaron unha exposición de arte privada na que puideron contemplar algunhas obras de arte de artistas como Sorolla e Dalí. Tamén visitaron o mercado onde puideron ver os diferentes postos de alimentación como carnicerías, peixerías, froiterías etc...

Día da PAZ 2019

Aquí podedes ver un resumo da celebración do Día da Paz. Se pasades de páxina na presentación poderedes ver os vídeos.

Charla sobre a diabete

Toda a comunidade educativa asi como familiares amig@s, veciñ@s e todo aquel que lle apeteza informarse, está convidad@ á charla informativa sobre a diabete que terá lugar no noso centro o vindeiro martes 12 de febreiro ás cico da tarde. Esperámosvos!

CONSEGUIDO!!

Hoxe, 23 de xaneiro de 2019, dende as 10 de mañá ás nove da noite, procedeuse a realizar unha votación en prol da xornada continuada, xornada que a maioría dos pais viñan demandando dende hai tempo. Damos as grazas á participación e colaboración das familias en todo o proceso e especialmente no día de hoxe, pois sabemos o esforzo que lles supuxo a moitas delas achegarse ao centro a depositar o seu voto. A participación foi dun 80% do cal un 70% manifestouse favorable á xornada continuada. Noraboa!

Powered by Drupal - Design by artinet