Parque La CANUDA en Salvaterra de Miño

Este curso todo o colexio, agás os de 6º de primaria que foron a Manzaneda de viaxe de fin de estudos, fomos de excursión ao parque de Salvaterra de Miño La Canuda. Disfrutamos dun soleado e caluroso día, vimos os animais, prantas,etc...que hai no parque e sobre todo ....xogo, moito xogo.

Semana de Educación vial co alumnado de educación infantil

Os máis pequenos fixeron unha xornada de educación vial no circuito do noso centro unha vez por trimetre. Moitos nenos traen as súas bicis e casco para poder por en práctica todos os coñecementos adquiridos nas clases.Pouco a pouco van adquirindo unha conciencia de cara ao respeto das normas e señais de tráfico. Son uns expertos e como disfrutan!!!

O mel de Galicia

O día 20 de febrero  viu ao Colexio unha monitora da asociación  Mel de Galicia para falarlle aos alumnos sobre o mel de Galicia, o traballo dos apicultores e o  das abellas. 

Explicoulles  que o mel era diferente segundo as plantas e flores que houbera no lugar, polo que en Galicia dase principalmente o mel de queiroga, eucalipto, e castiñeiro que teñen distinta cor, consistencia e sabor.

Ensinoulles unha colmea e un traxe de apicultor que vestiu unha alumna das maiores

Os nenos estaban encantados e participaron activamente facendo preguntas e contando a súas experiencias. 

Finalmente agasallounos cun botiño de mel de Galicia D.O. que lles entusiasmou, parecía que descubrían o mel por primeira vez.  Ao outro día seguían a falar do mel.

Resultou moi interesante.

Experiencias científico-técnicas con Atanes.

 

“Experiencias científico –tecnolóxicas”

O pai dun alumno de infantil, Atanes ,profesor de instituto,  visitounos para facer cos nenos/as do segundo ciclo unha serie de experimentos con materiais de uso común.

Construíron : UN INFLADOR DE GLOBOS AUTOMÁTICO con:  unha botella de plástico, vinagre, bicarbonato, un funil e un globo.

                       UNHA PILA CON CUBETAS  con:  tubos de cobre, tubos de plástico, parafusos, vasos con auga e sal.

                       UNHA PILA CON LIMONS con:  limóns,  moedas,  afialapis e fío de cobre.

                       UN MOTORCIÑO CON ARAME  con:  arame, papel de lixa, dous clips, un imán e unha  pila.

Explicou moi ben , con todo detalle,  e o  porque deses materiais,  que materia prima aportaban…

Os nenos estiveron encantados e abraiados,  moi participativos e curiosos. E levaron encantados  a “chuleta” coas instruccions  paso a paso,  para que eles mesmos poideran facelo cos seus pais, irmáns e amigos na casa.

Plan Proxecta- reparto de froita fresca nos recreos

Todos os días repartimos froita nos recreos a todo o alumnado. Este ano ademáis participamos no PLAN PROXECTA repartindo froita . Dende educación infantil a primaria os nosos alumnos poideron degustar todo tipo de froita fresca, cun obxectivo Instaurar o hábito de comer froita fresca na súa dieta diaria. As que máis gustaron foron: cereixas, amorodos, melón, plátanos,albaricoques, nísperos,etc..

Visita ao asteleiro ARMON

 

O sábado 8 de xuño os alumnos e pais do CEIP Sárdoma-Moledo acudimos ao asteleiro ARMON para ver un barco

atunero e un oceaográfico en construcción. Grazas á colaboración de Eduardo, o pai dun alumno que traballa neste

asteleiro pudimos ver os barcos por dentro. Vimos dous barcos ancleros que sirven para por as anclas nas

plataformas petrolíferas. Visitamos un deles que estaba rematado, paseamos por os comarotes, salón, porto de

mando, estivemos co capitán,etc..Os nenos non perderon detalle de todas as explicacións que moi amablemente

Chema, o responsable, deulles en toda a visita. Rematamos a visita dándolle unhas sentidas GRAZAS.

EDUCACIÓN VIAL 05-04-13

Coma todos os anos, no CEIP Sárdoma-Moledo celebramos a xornada de Educación vial, nas que os rapaces e rapazas aprenderon a circular correctamente tanto sendo peóns, coma condutores, xa que o noso centro está dotado dun circuíto que semella un percorrido real, con rotondas, semáforos, sinais verticais e horizontais... ata había policías que multaban ós que non respectaban as normas de circulación!


ENTROIDO 2013

ENTROIDO 2013

Xa están aquí as fotografías do Entroido que celebramos o pasado 8 de febreiro no cole, cun desfile. O tema deste ano foi o dos inventos e descubrimentos.


Este é o enlace do vídeo que prepararon as nais e pais da ANPA.

MOITAS GRAZAS.


Nadal 2012

Festival de Nadal 2012

O pasado 21 de decembro celebramos o festival de Nadal. Aquí tendes algunhas imaxes das actuacións que preparamos o alumnado, o claustro e monitoras das actividades extraescolares.

 

 

Tamén podedes ver o vídeo que prepararon as nais e pais do ANPA, ós que lles agradecemos a súa participación e colaboración. 

 

Decoración de Nadal

Magosto 2012

 

Magosto

O día 9 de novembro celebramos o Magosto no CEIP Sárdoma-Moledo. A xornada comezou co apadriñamento de árbores, continuando cunha boa merenda: de primeiro bocadillo de chourizos asados e de segundo castañas asadas, como manda a tradición.

 


Despois da comilona tocaba xogar, e que mellor que continuar cos xogos populares que nos prepararon os mestres Vanesa, Rafa e Uxío: lanzamento de castaña, exhibición de buxainas e o xogo do reloxo.

 


Para rematar a mañá, as nais e pais da ANPA prepararon carreiras de zancos e de sacos para tódolos cursos de primaria.


Samaín 2012

 

SAMAÍN

O día 31 de outubro celebramos o Samaín. Moitos fomos disfrazados xa de casa e ao resto, algunhas nais nos maquillaron para que estiveramos horrorosos!!!!

Fixemos conxuros en inglés e en galego co mestre Rafa e con Peter.

 


 

Xogamos a pescar a mazá coa boca, saíndo un de cada clase. Que ben o pasamos!!!!



As enerxías renovables e a bicicleta eléctrica

 

Este curso o noso centro participa dentro dun proxecto de aforro enerxético iniciado o curso pasado. Relacionado con este tema o pasado xoves 15 de novembro os alumnos de 5º e 6º gozaron dunha charla sobre enerxías renovables, charla impartida por ANTONIO REDONDO SUEIRO, pai dun alumno de 6º de infantil do colexio.


Enerxías renovables

 

Grazas á colaboración deste pai, que inventou e patentou unha bicicleta eléctrica, os alumnos puideron saber que son as enerxías renovables e aprenderon que existen tres tipos: a térmica solar, a fotovoltaica e a eólica. Puideron ver unha demostración práctica de como se obteñen estas enerxías e comprobar con experimentos as posibles aplicacións de cada unha delas.

 

Enerxías renovables


O poñente mostroulles un pequeno equipo con todos os elementos que compoñen a enerxía fotovoltaica e viron a aplicación dos contidos explicados a un elemento común: unha bicicleta eléctrica. Para remataron a charla os alumnos aclararon as súas dúbidas cunha rolda de preguntas. Foi unha charla moi interesante e amena.

 

Bicicleta eléctrica


Non podemos deixar de manifestar o noso agradecemento a Antonio por esta iniciativa. MOITAS GRAZAS.

Distribuir contido