NOVO CURSO ESCOLAR 2014-2015

O vindeiro curso escolar comezará o 10 de setembro.

 

O  autobús sairá ás 16:30h despoís do comedor.

SIMULACRO DE INCENDIO

O pasado venres 13 fixemos no colexio un simulacro de incendio para probar o novo Plan de Autoproteción. Cando detectamos o fume tocouse a alarma  e chamamos ao bombeiros.O alumnado saiu das aulas con moita rapidez xuntándose nos puntos de encontro ( un para ed.infantil e outro para primaria). Nus minutos os bombeiros apareceron, atoparon a dos nenos perdidos e remollaron ao alumnado de primaria coa auga das mangueiras. Todo funcionou sobre o previsto ainda que houbo algún neno que se asustou.O alumnado está preparado para unha emerxencia.

Obradoiro de poesía

OBRADOIRO POESÍA-CALIGRAMAS
Os días 9 e 10 o alumnado do 3º ciclo, asistimos a un obradoiro moi
interesante de poesía- caligramas. Con esta actividade aprendemos a ler, e
entender a poesía

5 de xuño-Día do medio ambiente

 

O 5 de xuño celebramos no colexio o Día do Medio ambiente para que tomemos conciencia da importancia do coidado do noso entorno. Os alumnos colocaron uns carteis cos nomes e características más importantes das árbores, arbustos e prantas que temos no colexio.

ELABORACIÓN DE SUSHI

O día 2 de xuño o alumnado do 3º ciclo, asistimos a unha demostración de elaboración de
sushi.
Fernando, o pai cocinero de dous alumnos do colexio, comezou cunha explicación do que é o sushi e dos diferentes tipos de
“makis” (rolos ) que existen; uramaki, temaki, hojomaki, futomaki, gunkanmaki.
Rematadas as explicacións mostrounos como se elaboran cada un deles, ao finalizar
probámolos todos, estaban boísimos!
Gracias, Fernando

DESPEDIMOS A EDEL

 Eddel Buggy, de Irlanda do Norte, foi durante este curso a auxiliar de conversa nas aulas bilingües. Unha dura e entusiasta traballadora que axudou ao noso  alumnado a  mellorar as competencias orais en inglés.

Agradecemos o seu  traballo e sentido do humor.

VISITA A VITRASA

O venres 24 de maio, os alumnos de 4º de primaria sairon a visitar a compañía viguesa de transportes ( VITRASA)

Un autobús urbano recolleunos no colexio e levounos ata  ás súas instalacións. En canto chegamos presentouse una monitora que nos explicou a historia desta empresa  e os autobuses que teñen na súa flota , desde os mais antiguos ata agora.

Despois fomos ao taller , para ver como se arranxan os motores, como se colocan as rodas, os  fosos  e.t.c.  Pasamos logo a una cabina na que dous traballadores fixeron a delicia dos nenos cunhas  explicacións asombrosas  sobre soldaduras con estaño , tarxetas de memoria …e demostracións prácticas que acapararon totalmente a atención e fixeron que o tempo pasara voando.

Visitamos a sala dos ordenadores que controlan toda a rede de autobuses da cidade e falamos pola emisora cunha conductora moi amable,tamen pasamos pola Caixa forte onde se gardan as recaudacións e fixemos una foto coa mascota de vitrasa.

Convidáronnos  a refrescos ,patatillas e caramelos  e regresamos ao colexio no bus turístico de dous pisos que nos fixo moita ilusión.

Os nenos comportáronse estupendamente e a visita resultou moi interesante e amena.

DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar o DÍA DO LIBRO fixemos unha sesión de contacontos no que participaron todos os nenos/as facendo de contacontaos e outros de público. Houbo 9 contos simultáneos e rotatorios e 9 grupos de rapaces compostos por unha mestura de nenos de educación infantil e primaria. Estes foron os contos que se contaron:

1º EP-La Mosca tosca-Viaxe total.                              2ºEP- Galiño pelao.

3º EP- Quen quere casar con Chinela?    4º EP-Este conejo pertenece a Emily Brown.

5º EP- Chibos,chibóns.                                             6º EP- Capitán Calabrote.

Inglés: Dragons                                                      Música: O tigre e o leñador.

 

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

Actividade de Normalización lingüística realizada co alumnado do 3º ciclo.A través de diferentes xogos e actividades lúdicas, pretendeuse fomentar a expresión oral   da lingua galega.

UNHA CLASE DE E.F. DE 1º DE E.P.

Así de ben o pasamos nas clases de Educación Física. Ahí van uns minutos dunha sesión de calquera día.

VISITA DE AN ALFAYA

Aunando as celebracións “Día do libro “ e “Día das Letras Galegas” os alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria  leron e traballaron  os libros “A encontadora”  e “O aroma do liquidámbar”  respectivamente,  no mes de Abril e o 15 de Maio recibiron a visita da autora, a escritora An Alfaya, que lles explicou con entusiasmo e agarimo como se inspirara para escribir estes e outros libros, e respondeu solícita e chea de simpatía a todas as preguntas  que os nenos /as  lle fixeron sobre os seus libros e premios conqueridos  e tamén sobre unha obra de teatro que están a preparar no colexio e que foi a súa primeira obra publicada . Finalmente  An  Alfaya firmou e adicou o libro a cada alumno.  Foi unha actividade emotiva e interesante.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE VOLEIBOL

Os equipos benxamíns e alevíns do colexio participaron en maio no Campionato Provincial de Voleibol  quedando ambolos dous  como novos CAMPIÓNS PROVINCIAIS.

                               NORABOA!!!!

O equipo alevín representará a provincia de Pontevedra no Campionato Autonómico a celebrar o próximo día 1 de xuño na cidade de Lugo.

              MOITO ÁNIMO PARA OS NOSOS CAMPIÓNS!!

FUNDACIÓN BARRIÉ-O ÁBACO

Os alumnos de 2º de EP visitamos a Fundación Barrié e traballamos nun taller de matemáticas facendo distintas actividades co ábaco. Aprendimos a calcular mentalmente de forma lúdica e creativa.

OS MAIOS

Dentro das actividades organizadas polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo  o día 15 de Maio os alumnos/as de 4º de primaria tiveron no centro una actividade  donde se lles explicou a tradicional festa dos maios, para o que lles mostraron un vídeo da festa dos maios deste ano en Vigo, na praza da Constitución.

Despois saíron todos ao patio para aprender e facer unha práctica da danza típica.

  Foi divertido e aos nenos gustoulles moito

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

       

O día 6 de Maio de 2014, co galo do Día das Letras Galegas, os alumnos de 2º ciclo tiveron un taller de ilustración de contos a cargo do ilustrador  ANXO FARIÑA ensinoulles varios trucos para facer caras de persoaxes con distintas expresións, sen dificultade e os rapaces estaban encantados de ver o ben que lles saían!  Logo pasaron a crear os persoaxes do conto que eles fixeran: “A araña de dúas patas” coa técnica de collage.

Estiveron moi atentos e interesados , pasárono moi ben e saíron contentísimos.

VISITA MUSEO LISTE 3º CICLO

O xoves, día de 13 de febreiro os alumnos e alumnas do terceiro ciclo, xunto coas nosas titoras, fixemos unha visita ao Museo Etnográfico Liste. Percorremos as nove salas de exposición permanente coas que conta o museo, e que albergan un total de 2.500 pezas que reflexan diversos aspectos da culura galega.
Cada unha destas salas abarca un aspecto diferente:
• A cultura do centeo (semente, recollida do cereal, transformació alimentaria...)
• A roda tradicional (a roda e os carros)
• A simboloxía dos oficios ( oficios rurais tradicionais)
• O peche (As formas dos peches nas vivendas e anexos)
• Os tecidos (a transformación das fibras testís tradicionais)
• A madeira escavada (artesanía nos materiais empregados para confeccionar ferramentas...)
• A luz (mostras de candís e outras formas de luz artificial)
• As materialidades da fe
• A arte de curar
Tamén visitamos a sala de exposicións temporais que neste momento estaba adicada a elaboración dos selos de caucho e acollía o mobiliario e útiles de traballo procedentes do taller “Hijas de J. Nieto”.
Foi unha visita moi interesante e entretida

Distribuir contido