Magosto 2012

 

Magosto

O día 9 de novembro celebramos o Magosto no CEIP Sárdoma-Moledo. A xornada comezou co apadriñamento de árbores, continuando cunha boa merenda: de primeiro bocadillo de chourizos asados e de segundo castañas asadas, como manda a tradición.

 


Despois da comilona tocaba xogar, e que mellor que continuar cos xogos populares que nos prepararon os mestres Vanesa, Rafa e Uxío: lanzamento de castaña, exhibición de buxainas e o xogo do reloxo.

 


Para rematar a mañá, as nais e pais da ANPA prepararon carreiras de zancos e de sacos para tódolos cursos de primaria.