FESTIVAL DE NADAL

Co comezo do novo ano queremos desexarvos un feliz ano novo e agradecervos a colaboración e participación no festival e actividades do Nadal.  Tedes os vídeos das actuación dos vosos nenos e nenas nos blogues de infantil e música e aquí vos deixamos unha pequena mostra diso. Danza dos nenos e nenas de primaria, do obradoiro de baile de extraescolares que se titula "Santa Claus llegó a la ciudad" e tamén o "Capitán de madera" de teatro.