Complementarias

03/2013: XA ESTAMOS NA PRIMAVERA

Mirade a nosa decoración de primavera, na que participa todo o alumnado coa axuda dos titores e profesores especialistas: Enlace.

03/2013: SEMANA DA ÁRBORE E A AUGA

Celebramos a Semana da Árbore e a Auga, coa presencia do Presidente da Deputación de Lugo, coa plantación de varias árbores, unha exposición de libros e a reciclaxe de botellas de plástico para crear macetas. Podes ver toda a información neste enlace.

03/2013: 3ª SESIÓN DE FORMACIÓN ENTRE IGUAIS

O alumnado de 4º fan unha sesión de formación entre iguais: cóntannos cal é a historia e vida das súas casas, servíndose dunhas maquetas elaboradas por eles mesmos coa axuda das súas familias e titora. Podedes ver toda a información neste enlace.

03/2013: ESTUDO DO DESPOBOAMENTO

Continuamos coa liña de traballo sobre o despoboamento, por iso, temos as seguintes actividades en funcionamento para este mes:

02/2013: ESTUDO DO DESPOBOAMENTO E DA BISBARRA

Para todo o centro estanse a desenvolver liñas de traballo para o estudo dos efectos do despoboamento na bisbarra. Podes acceder á nova neste enlace.

02/2013: SESIÓNS DE FORMACIÓN ENTRE IGUAIS

Sesión de formación preparada polos alumnos de 6º para explicar os circuítos eléctricos. Accede á nova aquí.

02/2013: ENTROIDO

Todo o centro está a celebrar o Entroido o día 8 de febreiro. Vén velo. Enlace á nova.

02/2013: DÍA DE INTERNET SEGURO

O día 5 de febreiro é o Día Mundial de Internet Seguro, para celebralo, os alumnos de 4º, 5º e 6º asistiron a unha charla a cargo da Garda Civil sobre os riscos de Internet. Mira aquí toda a nova.

01/2013: A PAC (3º CICLO)

O terceiro ciclo asistiu a unha charla / presentación sobre a Política Agraria Común. Podes acceder a toda a información aquí.

12/2012: O Nadal

O mes de decembro celebramos o nadal. Podes acceder a toda a información aquí.
Distribuir contido