Skip to Content

 

                           

Axudas económicas comedor escolar COVID-19

As familias cuxos fillos asistan ao comedor escolar de xeito gratuíto ou pagando 1€, terán axudas económicas durante este período de estado de alarma.

Estas familias recibirán unha compensación económica do custo diario do menú por comensal, percibindo:

  • 2,50 € no caso do alumnado que asistía con gratuidade total
  • 1,50 € para o alumnado que paga 1€.

Esta medida cubriría dende que se iniciou o Estado de alarma é dicir, dende o día 16 ata o 31 de marzo: 11 días lectivos.  No mes de abril dende o día 1 ata o 3 de abril: 3 días lectivos.  En caso de prórroga cubriría os días lectivos pertinentes e faríase un segundo pagamento.

 

Para poder obter esta axuda, é preciso presentar unha solicitude dende o día 31 de marzo ao 6 de abril, ambos inclusive.  A presentación desta tramitación, é posible, de dúas formas:

·       

Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (necesario certificado dixital ou a chave365)

·       

Facilitar á dirección do centro –por vía telefónica 982828164 ou a través dun correo electrónico ceip.sanxoan@edu.xunta.es- os seguintes datos:

  •  DNI ou NIE do pai/nai ou titor legal.
  •  Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da Consellería.
  •  Nome e apelidos do pai/nai ou titor/a; nome, apelidos e curso do fillo/filla.
  •  Número de conta bancaria no que se quere percibir o aboamento.

A resolución saíra en 10 días desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes, e o pago efectuarase nos seguintes 5 días dende que saia a resolución.

 

No seguinte enlace podedes consultar toda esta información, de xeito máis detallado ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento



page | by Dr. Radut