Skip to Content

Septembro 2020

Actualización do protocolo de centros e novos protocolos específicos antes a COVID-19

Este mércores, publicouse a resolución conxunta, con data de 22 de setembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e Sanidade onde se aprobou a actualización do protocolo, publicado anteriormente, así como facilita os seguintes protocolos: 

Aclaracións COVID-19

A farmacia Migoya e O blog de Pills (@Farmaciamigoya, @Elblogdepills) divulgan a través de Instagram información sanitaria en forma de infografía que nos cederon para colgar na nosa web, esperamos que vos parezan tan interesantes como a nós! 

Álbum: COVID-19 -> COVID

Recursos sobre o COVID-19

1. ESCAPA DO VIRUS

Trátase dun xogo de preguntas e respostas en versión Comecocos (Pac-Man) que contén tres niveis de dificultade: 

- De 8 a 10 anos

- De 11 a 16 anos

- De máis de 16 anos. 

Este xogo axuda a reforzar os coñecementos sobre o SARS-CoV-2 dunha forma lúdica.  Podedes xogar picando no nome ou na imaxe do xogo. 

 

2. CANTO SABES DO CORONAVIRUS?

Neste caso, trátase dun xogo de preguntas e respostas en bloques de distintos niveis de dificultade.  Permite que na clase se poida reforzar o coñecemento sobre a Covid-19.  

 

3. e-Bug

Recurso gratuíto para o seu uso na aula e no fogar desenvolvido pola Unión Europea.  Neste hai actividades educativas, amenas e accesibles para o profesorado e estudantes.  Ten contido específico para o SARS-CoV-2 cun conxunto de recursos formativos.  Está escrito en inglés pero pode ser traducido mediante tradutores en liña de forma correcta.

Podemos destacar dentro deste proxecto as seguintes actividades: 

- e-Bug Assembly Activities: Libro electrónico en inglés con numerosas actividades que permiten ao alumnado concienciar sobre o virus e os seus mecanismos de transmisión.  

- My Back to School Bubble: Trátase dun relato con deseños creado coa aportación dunha rede de profesores, pais e profesionais da saúde pública e ten como obxectivo axudar aos nenos a entender as novas medidas de protección que encontran en vigor na escola.  Atópase en inglés e ten licenza Creative commons. 

Festivo local

14/09/2020 00:00
14/09/2020 23:59
Europe/Madrid

Carteis informativos

Álbum: COVID-19 -> Carteis COVID-19

Coidámonos entre todos

Álbum: COVID-19 -> Coidámonos entre todos


by Dr. Radut