Skip to Content

Outubro 2019

MAGOSTO

Como todos os anos, celebramos o Magosto no cole o día 11 de Novembro.

 

Letra realizada polo alumnado de 5º de primaria

Para iso, necesitamos da vosa colaboración, traendo unhas poucas castañas amozcadas entre o día 6 e 7 de Novembro.

SAMAÍN

 

Xa está chegando o Samaín o centro, festa de Tradición galega, onde celebramos o fin do verán e damos a benvida o inverno.
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.

Para ir entrando en ambiente, podedes traer unha cabaza decorada e participar no 4º concurso Literario de Contos de Terror.

 

Pincha na foto para acceder ao xogo

 

Brauliotuber

Onte tivemos a visita de Braulio, un compoñente dos Bolechas. E gravamos o tema do capítulo "Os xogos da Praia" na nosa biblioteca. Ademáis cantamos unha canción .. que ben nos quedou!! Xa estamos desexando vernos!

Boneco Crece Pelo

O alumnado de 5º de primaria  na asignatura de Ciencias Naturais crearon un ser vivo moi especial! Trátase dun boneco que en vez de pelo crécelle herba!!

Agora toca coidalo e mimalo como dunha planta se tratase. Seguiremos informando da súa evolución...
 
 
 
 
 
E con semellante melena non podía faltar... a sesión de perruquería!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

ECO - PATRULLA AO RESCATE

Unha das primeiras accións que ten que levar a cabo un colexio, se quere converterse nunha EcoEscola é poñer en marcha as Patrullas Ecolóxicas.

As EcoPatrullas estarán formadas por alumnos e alumnas, que rotarán diariamente. Identificaranse con puntos verdes e levarán a cabo as súas funcións durante o recreo da mañá.

Queremos concienciar á Comunidade Educativa do Colexio (alumnado, profesores, conserxe, pais, nais, familias,…) da necesidade de ser Eco-sustentables.

CHEGA O DEPORTE ÁS NOSAS AULAS

Este curso escolar tivemos unhas xornadas de deporte por parte da

Escola de Iudo...

e da Escola de Baloncesto.

 

Gustounos moito e de seguro que moitos dos nosos alumnos e alumnas apuntaranse para practicalo este ano.



by Dr. Radut