Saltar navegación.
Inicio

Encerado Dixital

Infantil estre a nova Pizarra Dixital Interactiva.

Esta é a nova Pizarra dixital coa cal os nenos e nenas de infantil contan dende hoxe na súa aula de usos múltiples. Esta nova pizarra está dotada con tódolos recursos de audio e vídeo, acceso a internet, etc.

Como sabedes trátase dun recurso educativo de última xeración que combina tódolas ventaxas das novas tecnoloxías volcadas no formato tradicional do encerado abrindo novos camiños á interactividade e multidimensionalidade nas aprendizaxes dos mais cativos/as.

Felicidades e a desfrutala!

ACTIVIDADES 1º

OS NOSOS COMPAÑEIROS DO GRUPO DE TRABALLO: "INTEGRACIÓN DAS TIC NO DÍA A DÍA DA COMUNIDADE EDUCATIVA" ESTÁN CREANDO ACTIVIDADES PARA TRABALLAR CO ENCERADO DIXITAL.

AQUÍ, MÓSTRANNOS UN EXEMPLO DELAS PARA TRABALLAR COS NENOS/AS DE 1º.
PARA VELAS, FACEDE CLIC NA IMAXE

O encerado dixital xa esta en pleno funcionamento!

30/01/2009 00:00
Etc/GMT

 

pdi,encerado dixital

 

O encerado dixital xa está dispoñible para o seu uso na ludoteca. O equipo instalado consta:

1.Encerado dixital+proxector fixos.

2.Equipo de son Hi-Fi.

3.Un ordenador portátil conectado debidamente e co software necesario para maior comodidade.

Recordade que existe un horario para cada curso dispoñeble na porta da ludoteca.

Tedes á vosa disposición o Equipo de TICs para calqueira dúbida ou cuestión.

   UN SAUDO!

 

Distribuir contido