Saltar navegación.
Inicio

Secretaría, Información xeral, Admisión, Libros de texto, Transporte escolar

VACACIÓN DE ENTROIDO

Dende o CEIP Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo informámolós de que as clases, despois das vacacións de Entroido, se reanudarán o vindeiro xoves 27 de febreiro.

CARREIRA SAVE THE CHILDREN

Con motivo da celebración do Dia da Paz organizamos,como outros anos, a carreira solidaria de Save the Children. Este ano o colexio recadou 772,20€ que foron ingresados como donativo.Gracias a todas as familias pola súa colaboración nas achegas!

 

22 DE XANEIRO FESTIVO LOCAL

Recórdase ás familias que mañán día 22 de xaneiro non haberá clases por ser festivo local.

SUSPENSIÓN DE CLASES POR ALERTA XOVES 16 DE XANEIRO 2020 A PARTIR DAS 12:00

Ante novo aviso de alerta e posibilidade de inundación do centro SUSPENDENSE AS CLASES O XOVES 16 DE XANEIRO DE 2020 a partir das 12 da mañan. O alumnando que se despraza en bus será levado ás paradas correspondentes polo que se prega ás familias que estén atentas,a partir das 12 empezarán a chegar. As familias que teñen que recoller aos nenos no centro poden vir a recollelos. Darase tamén aviso a través do teléfono.

 

ALERTA POR CHUVIAS DE MÁIS DE 90 L/M2 XOVES 16 DE XANEIRO 2020

Infórmase que segundo a alerta meteorolóxica (aviso da Policia Local/ Protección Civil) espéranse chuvias de ata 90l/m2. Prégase ás familias que estén atentas ante a posibilidade de inundación do colexio ao longo da mañan, polo que poden ter que vir recoller aos nenos/as. As clases non foron canceladas polo momento. As familias poden tomar as decisións que consideren oportunas no relativo aos seus fillos.

DÍA DO ENSINO

O día 31 de outubro non haberá clase por ser o DÍA DO ENSINO, concedido pola Consellería de Educación.

RESUMO DE PROTOCOLO DE BIBLIOTECA DE TARDE CURSO 2019/20

Este ano entrará en marcha o Servizo de Biblioteca de Tarde no CEIP Plurilingüe San Vicenzo, a partir do día 8 de outubro.

 

RESUMO PROTOCOLO DE BIBLIOTECA DE TARDE

 

1.    Ofértase o servizo de Bilbioteca de Tarde como espazo para a lectura, consulta, traballo individual…onde o profesorado de garda velará polo cumpriemto das normas e benestar dos usuarios.

2.    Os espazos ofertados son a Ludoteca, para 1º e 2º curso, e a Biblioteca para o alumnado dende 3º a 6º de primaria.

3.    O horario do servizo será de 15.30 ás 17:00 horas, con horario de saída tamén as 16:30 horas. Sairán sós soamente aqueles alumnos/as de 5º e 6º curso que teñen autorización para sair, os demais deben ser recollidos no portal polas familias.

4.    Como persoal de garda haberá 2 mestres cada tarde, que se organizarán para atender os dous espazos de maneira rotatoria. Establecerase un calendario mensual de gardas para que todo o profesorado realice as gardas o día correspondente.

5.    As solicitudes para facer uso deste servizo ofertaranse ao inicio de curso, nos prazos establecidos polo centro.  Ao longo do curso admitiranse solicitudes con xustificación e sempre que queden prazas vacantes nos días solicitados.

6.    No caso de que o número de solicitudes supere o número de vacantes ofertadas a selección do alumnado farase mediante sorteo no Consello Escolar do Centro.

7.    No caso de que un alumno/a teña máis de 4 faltas sen xustificar, contemplarase a posibilidade de dalo de baixa no servizo.

8.    Exisirase o cumprimento das normas básicas establecidas no Plan de Convivencia do Centro.

9.    É obrigatorio avisar se un neno/a vai faltar o servizo de biblioteca entre ás 9:00 h e 9:30 h ao centro, no caso de que non se avise os nenos/as de bus quedarán baixo responsabilidade do centro ata a hora solicitada pola familia. Os nenos/as que van a casa andando deben ser recollidos ás 15.30 de non facer uso do servizo ese día.

 

ÚLTIMOS DÍAS MATRÍCULA

 Recordar que o venres 28, de xuño, remata o prazo para matricular aos alumnos e alumnas que se incorporan por primeira vez a este centro educativo.

Poden recoller os sobres para a matrícula na secretaría do centro.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Ábrese o prazo para presentar solicitude para adquisición de libros de texto e material escolar.

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/fondolibros/FNDLIB_MU_ManualCidadan.pdf

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/70810

SECRETARÍA

PUBLÍCANSE AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019/2020, NOS SEGUINTES NIVEIS:

  • 4º DE ED. INFANTIL
  • 5º DE ED. INFANTIL
  • 2º DE ED. PRIMARIA

PARA VER AS LISTAXES PODEN CONSULTAR OS ANEXOS NESTE DOCUMENTO OU NA PORTA DE ENTRADA DO CENTRO.

Distribuir contido