Saltar navegación.
Inicio

Solcito que este artigo promocione á páxina principal.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2013/2014

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS CURSO 2013/2014

A continuación expónse un resumo da información principal en relación a estas axudas.  A información completa pódese consultar no taboleiro do centro, preguntando en secretaría  e tamén en internet nesta ligazón:  AXUDAS LIBROS do portal educativo da Xunta.

Requisitos:

1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2013/2014, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.

2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familiar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde de convocatoria.

Lugar e prazo de presentación:

No centro educativo ao que corresponda a matrícula do curso 2013/2014 entre o 3 de xuño e o 3 de xullo.

Documentación que se debe aportar:

-Impreso de solicitude que se pode pedir na secretaría do centro ou descargar, cubrir e imprimir do portal educativo da XUNTA nesta ligazón:   impreso en pdf 

-Orixinal e copia do Libro de Familia

-No caso de separación ou divorcio: orixinal e copia da sentencia de separación ou convenio regulador. Ten que figurar o titular da custodia (nai, pai ou compartida)

- No caso de que non exista Libro de Familia, certificado de convivencia expedido polo Concello que mostre a situación de convivencia familiar.

-No caso de minusvalía dalgún membro da unidade familiar computarase como dous membros. Debe xustificarse con orixinal e copia do certificado de minusvalidez (polo menos do 33%) ou pensión correspondente.

 

Tódolos datos persoais, familiares e de renta deben ser referidos á situación a 31 de decembro de 2011.

Contía das axudas para educación primaria:

·                     Familias monoparentais:

o                  Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 170 €.

o                  Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

·                     Resto das familias:

o                  Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 170 €.

o                  Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 €: 90 €.

Cálculo da renda per cápita familiar:

a) Membros computables da familia: Serán membros computables os pais do alumno causante da solicitude sempre que convivan con el, así como os fillos menores de idade con excepción dos emancipados,. Tamén se incluén os maiores de idade con discapacidade e os fillos menores de 25 anos que convivan no domiciliofamiliar.

b) En caso de separación ou divorcio só se terá en conta o proxenitor que conviva co menor e teña a súa custodia. En caso de custodia compartida o proxenitor que non conviva co menor non se considera membro computable pero neste caso a súa renda súmase á renda familiar total.

c) No caso de que o proxenitor separado ou divorciado conviva con unha nova parella no mesmo domicilio que o menor, esta n ova parella terá a consideración de membro computable e as súas rendas tamén se incluirán no cómputo total.

Para calcular a renda per cápita se procederá do seguinte modo:

1) Na declaración da rendareferida ao exercicio 2011  bucaranse as casiñas 455 e 465. Sumamos ambas cantidades.

2) Facemos o mesmo para cada membro computable que teña presentado declaración de renda dese ano. Sumamos todas as cantidades. No caso de non presentar declaración da renda teránse en conta os ingresos netos de tódoos membros da unidade familiar.

3) Dividimos o total entre o número de membros computables da unidade familiar. O resultado é a renda per cápita familiar.

Ao presentar a solicitude é necesario que tódolos membros da unidade familiar que obtiveron ingresos no ano 2011 asinen o permiso para que a Administración verifique os datos.

OS NOSOS LIBROS, AS NOSAS LETRAS, A NOSA FALA

Para celebrar o DÍA DO LIBRO  (23 de abril) e o DÍA DAS LETRAS GALEGAS (17 de maio), no noso cole fixemos diferentes actividades.

  • Lectura/presentación de diferentes traballos sobre Rosalía.
  • Investigamos sobre distintos autores Galegos.
  • Apadriñamentos lectores.
  • Visita da escritora Fina Casalderrey.

FINA CASALDERREY VISITA O NOSO COLE

O PRÓXIMO 22 DE MAIO VISÍTANOS FINA CASALDERREY, RECENTEMENTE NOMEADA MEMBRO DA REAL ACADEMIA GALEGA.

FALAREMOS CON ELA DE LÚA, CHAMIZO, O FARO VELLO...

DA PREHISTORIA AOS IRMANDIÑOS II

Seguimos co noso proxecto sobre a historia de Galicia. Despois de viaxar pola prehistoria no primeiro trimestre, chegamos á época dos castros e á conquista dos romanos.

Dende a biblioteca recomendamos visitar o Castro de Borneiro, a Ponte romana de Brandomil ou a Torre de Hércules.

Aquí podedes ver algunha foto das cousiñas que estivemos facendo. Moitas grazas pola vosa colaboración.

         

 

TEMOS BOLSIÑAS NOVAS

O PASADO VENRES ESTREAMOS ESTAS ESTUPENDAS BOLSIÑAS PARA LEVAR OS LIBROS DE PRÉSTAMO PARA A CASA E ASÍ PROTEXELOS MELLOR. PORQUE XA SABEDES, OS LIBROS HAI QUE COIDALOS, UN LIBRO É UN AMIGO.

DA PREHISTORIA AOS IRMANDIÑOS

Dende a biblioteca proponse estudar e investigar un pouquiño sobre a historia de Galicia. Da PREHISTORIA á época dos IRMANDIÑOS.

Nun primeiro momento centrámonos na PREHISTORIA, logo pasaremos á épocaa dos castros, aos romanos, e finalmente aos Irmandiños.

Podedes ver que na entrada da biblioteca xa hai unha pequena exposición de cousiñas que fixeron algúns nenos e nenas coa axuda das profes  e das familias.

Todos podedes colaborar; buscar imaxes, información, debuxar algo, construir algo... entregádeo na biblioteca e expoñerémolo.

Ademais propoñemos algunha actividade para  que completedes, tendes unhas bandexas coas propostas e un buzón para entregalas. Por exemplo, un test histórico, explicar qué é un historiador, ou que vos imaxinedes como será Galicia no futuro. Ao longo do curso e según avancemos na  historia/o tempo, as propostas serán diferentes. Iremos recollendo esos traballos, e aos mellor feitos, mellor presentados, etc, entregaráselle algún agasallo.

Podedes apreveitar que no recreo a biblio está aberta para buscar información e pregunrtar ás profes, poderedes imprimir e pedir o material que necesitedes.

ATA PRONTO

                                                                                                                                                                                                                                   

Celebramos o San Martiño

A celebración do San Martiño resultou todo un éxito no CEIP San Vicenzo. Durante a semana previa ao 11 de novembro, día do San Martiño, leváronse a cabo actividades en torno ao peón. Así tivemos unha exposición de trompos decorados polos alumnos/as de Primaria e nos recreos do xoves e venres realizouse unha competición de lanzamento de peón por ciclos. Se queredes máis información sobre estes eventos deixamos a continuación un enlace ao blogue de educación física do Rino Vicentino. Ademais se facedes clic na imaxe de abaixo accederedes ás fotos que sacamos ao longo da semana.  

BENVIDOS Á BIBLIOTECA UN CURSO MÁIS

"DIN QUE TODAS AS PERSOAS NECESITAMOS AS HISTORIAS, TANTO COMA A AUGA QUE BEBEMOS, TANTO COMA O PAN DE CADA DÍA. QUE SORTE, QUE SEXAN TAN DOADAS DE CONSEGUIR! (...) SÓ HAI QUE ABRIR UN LIBRO E DEIXARSE LEVAR POLA FERVENZA DE VOCES, DE LINGUAS, DE RECENDOS, DE PAISAXES... UNHA MAXIA SECRETA E INESGOTABLE QUE A NÓS NOS CORRESPONDE DESCUBRIR."

CON ESTAS VERBAS EXTRAIDAS DO TEXTO "OS RIOS DA VIDA" QUE AGUSTÍN FDEZ PAZ ESCRIBIU CON MOTIVO DO DIA MUNDIAL DO LIBRO, QUEREMOS DARVOS UNHA VEZ MÁIS A BENVIDA Á NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR.

COLABORADORAS DE COMEDOR

Abríuse o prazo para que, quen o desexe, poida solicitar participar como colaborador/a no comedor escolar. Podedes recoller a solicitude no centro. O prazo estará aberto ata o 30 de setembro.

Distribuir contido