Saltar navegación.
Inicio

PROCESO DE VOTACIÓN DA XORNADA ÚNICA

A proposta da ANPA, este curso realízase de novo o proceso para solicitar a xornada única.

Os días 16 e 17 de xaneiro leváronse a cabo as sesións informativas dirixidas ás familias.

O próximo día 4 de febreiro sortearanse os membros da mesa electoral, ás 13:00 horas no despacho de Dirección. Este sorteo é público e pódese asistir ó mesmo.

O día 22 de febreiro de 2019 será o día da votación, con horario de 10:00 h a 20:00 ininterrumpido. Pregamos que acudades a votar para que, sexa cal sexa o resultado, responda á elección da maioría de familias; esto non será posible se cada familia non expresa a súa preferencia. 

Adxúntase tríptico coa información resumida do proceso.

AdxuntoTamaño
2019-01-18 113022_2.JPG832.96 KB
2019-01-18 113022.JPG840.04 KB
2019-01-18 113022_3.JPG204.59 KB