Recíclate con Sogama

Actividade correspondente ao Plan Proxecta: Recíclate con Sogama, que ten por obxecto promover a participación e implicación da comunidade educativa na xestión sostible dos residuos urbanos mediante o consumo responsable, a menor produción de refugallos e o fomento da reutilización e a reciclaxe.

Excursión ao rocódromo

Saída deportiva e clutural, pero sobre todo moi divertida. Nesta ocasión tocou visitar as instalación de RocoLugo e escalar as súas paredes. Tamén aproveitamos esta excursión para coñecer a casa de Manuel María. Como dirían eles/as, cando repetimos?

 

Día da Paz e Día Mundial Contra o Cancro

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Para iso, fixemos figuras representativas e ata voamos pombas da paz...

O día 4 de febreiro conmemoramos o Día Mundial Contra o Cancro simbolizando esta gran loita co lazo verde. ÁNIMO E FORZA!

Felices Festas

Un ano máis desexámosvos unhas felices festas a toda a comunidade e un próspero aninovo 2023 cheo de saúde e felicidade. Vémonos á volta coas pilas cargadas, despois desta gran celebración...

 

A viaxe do señor López e Anxo Moure

Teatro, contacontos, risas, bailes, alegría, aprendizaxe, brincos... todo isto en dúas actividades que encandilaron ao alumnado e profesorado do colexio.

Aquí algunhas mostras do ben que o pasamos.

Primeiros Auxilios

Unha actividade formativa moi importante en todos os centros educativos é a dos primeiros auxilios, e por que non levalo tamén ás aulas? 

Da man de Antonio Fouz e María José Almunia, coñecemimos maniobras e entendemos mellor certos procedementos que poden salvar vidas. Aí vai unha reportaxe:

Magosto 2022

Un ano máis festexamos o magosto, comemos castañas, xogamos entre todos e o que máis nos gusta, "maquillámonos" un pouquiño. 

Bo outono a todos/as.

 

Samaín 2022

Cabazas, disfraces, xogos e moitas gañas de conmemorar o Samaín entre o noso alumnado. Día especial e moi agardado por todos onde non faltaron a imaxinación, a alegría e algún que outro susto.

Exhibición cinolóxica do CMT de Parga

 O venres tivemos a visita da patrulla canina do exército.Nesta exhibición participaron seis cans e os seus adestradores pertencentes aos equipos antidroga,explosivos e de defensa.Presenciaron este acto os nenos do ceip Lagostelle e Santo Estevo de Parga.

Skull,Scapy,Delta,Ali e Loco fixeron as delicias do público.

Exército, alumnos, autoridades e profesorado quedamos maravillados.