Skip to Content

Aliméntate ben

Visitamos Clesa cos nosos amigo do "Polo correo do vento"

Os nosos amigos Carlos e Quique recibironos encantados no mes de marzo e abril na fábrica de Clesa de Caldas (a única en España). Alí fomos os alumnos de Educación Infantil e 1º,2º,3º e 4º de Educación Primaria. O primeiro que nos ensinaron foi o exterior da fábrica e o seu almacén coas etiquetas que empregan para facer os iogures. A continuación, entramos no recinto onde nos contaron un conto e nos deron instrucións para facer a nosa vaquiña. E por último, degustamos uns saborosos iogures de bombón. Ummmmmmmmmmmmmm................!!!!

 



Bon Appetit!

O día 27 de marzo, os alumnos de 3º e 4º foron a  AFundación (Pontevedra) para ver unha comedia en clave de humor  protagonizada por tres chefs moi simpáticos: Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignon e Fransuá da Berenxem que mostraron aos escolares os segredos da cociña galega, dende a inspiración da obra  na que Álvaro Cunqueiro fala da cociña galega, das materias primas que a nutren e do receitario empregado naqueles anos.

 

24 de Febreiro: Día de Rosalia de Castro. "Tuneando a Rosalia".

Con motivo da conmemoración  do día de Rosalía  os nenos e nenas do Sto. André de Xeve  decidimos celebralo tuneando unha das súas fotografías. Traballamos moito nesta actividade, dende os máis cativos, que hai que ver que retratos lle fixeron, ata os maiores que tamén nos esforzamos o noso. Homenaxeámola porque  Rosalía deulle prestixio ó galego cando o usou como lingua para “Cantares Galegos”, afianzando así o rexurdimento cultural da lingua galega.

Quen lle diría a Rosalía que algún día tantos rapaces e rapazas conmemorarían o 24 de febreiro para  lembrarse dela!

 Pareceríalle incrible, verdade ? 

Pois  agora, se vos parece ben, vexamos a nosa  exposición fotográfica e que a gocedes todos.  

                                                                      

 

 

 

Aquí vos mostramos os traballos de Educación Infantil e os seleccionados de Educación Primaria.

 

O Día do amor e da amizade!

Onte, xoves 14 de febreiro, celebramos no colexio o día de “San Valentín” con diversas actividades . Por unha parte ,os alumnos de 5º e 6º realizaron para a Cooperativa EVEX un mercado gastronómico  “ Batidos de amor” ,no que se degustaron produtos realizados por eles mesmos (paté con produtos do mar, biscoitos variados, madalenas, galletas, bombóns,filloas... e batidos de froitas frescas), todo a prezos moi   asequibles  Organizaron os postos de venda, fixeron o catálogo, colocaron etiquetas e venderon os produtos  , e todo o cole deu boa conta de tan deliciosos e caseiros manxares.

Para este día , os máis pequenos de Educación Infantil, xunto con terceiro e cuarto de EP fixeron “ O faro dos namorados”, mural onde colocaron uns corazóns de cartolina nos que escribiron mensaxes de amor. E para rematar cantaron unha canción  sobre o amor.

Na entrada da Biblioteca colocouse para este día tan especial o “buzón do amor” no que o alumnado podía deixar a súa misiva para quen quixera, anotando o nome do destinatario e o curso.

Para o remate das actividades anteriores , os alumnos de 6º fixeron entrega das cartas aos destinatarios , dando por finalizada unha xornada inesquecible para todos.Por último, queremos amosar o noso agradecemento ás familias, a todo o alumnado participante e ao profesorado pola súa colaboración  e implicación para que todo saíra tan ben . Grazas a todos/as.

 

 Aquí tedes inmortalizados distintos momentos do día.

     

 

 

 

 

FELIZ DÍA DO AMOR E DA AMIZADE!!!!!!Beso

Distribuir contido


by Dr. Radut