Skip to Content

Proxectos curso 18/19, Revitaliza

2º Encontro da escola de Familias

No terceiro trimestre tivo lugar o 2º Encontro da Escola de Familias do CEIP Santo André de Xeve sobre o uso dos móbiles e internet (normas, límites e perigos). Este coloquio foi impartido por Antonio Rial grazas a colaboración do CFR de Pontevedra. Esperamos continuar con esta andaina no vindeiro curso.

 

      

 

 

Dalle a Lingua

No terceiro trimestre, o alumnado dos diferentes cursos participamos no programa Dálle a Lingua de ONDA CERO traballando así a expresión oral na lingua galega. Este luns 24 de xuño emitiuse o 1º programa patrocinado polo departamento de Normalización Lingüistica do Concello de Pontevedra e A Devesa. Neste programa, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º da EP comentaron aspectos  sobre diferentes proxectos que traballamos no centro, como  o "Mar", o  "Comercio"e "EduEmprende".

Poñede a orella e escoitade que ben se desenvolven estes locutores!!! Estaremos esperando o segundo programa de radio!

  

Revitalizate!

Ao longo do mes de marzo acudiron ao colexio uns representantes de Revitaliza para darnos uns talleres sobre a fauna existente dentro dos composteiros. En diferentes días, todos os cursos participamos (Educación Infantil e  Primaria). O obxectivo era atopar as distintas especies que habitan debaixo da terra que previamente recollemos do noso composteiro e colocamos nunhas cubetas.Os alumnos utilizaron uns palillos alongados , unha lupa de grande aumento e tamén un microscopio onde puideron  velos con detalle e buscalos tamén no cartel co seu nome científico. Foi unha actividade moi interesante na que aprendemos que cada “bichiño” ten un labor moi importante para a vida no planeta.


Bichos

Mestres composteiros!!!

O día 5 de decembro, o alumnado puxo en marcha o composteiro dun xeito tanto especial, xa que foron eles mesmos os encargos de montalo grazas á axuda dun mestre composteiro.Agora solo queda compostar!!!!!

 

  

 

 

 

 

REVITALIZATE!!!!

O día 5 de novembro celebrouse no centro unha charla informativa sobre a compostaxe a cargo dun dos responsables de REVITALIZA, programa que se levará a cabo no colexio durante este curso académico. 

A través deste programa da Deputación de Pontevedra preténdese achegar ao alumnado ao mundo da compostaxe con fin de reciclar a materia orgánica, aforrar en fertilizantes, contribuír a reducir a contaminación e mellorar a saúde da terra e das  plantas. 

               

               

Ah, acordádevos nen@s e ti tamén Larapeto da regra dos tres erres: 

REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut