Skip to Content

Complementarias

Navegando a toda máquina cara a PAZ!

O 30 de Xaneiro, celebramos o Día da non violencia escolar e da Paz no cole. Nos días anteriores construímos un mural onde cada neno pegou o seu barquiño de papel, con palabras e frases relacionadas coa Paz.

Ese día xuntámonos para celebralo. Os alumnos/as de Infantil recitaron o poema "Branca Paloma" e despois cantamos e bailamos todos xuntos a canción "Viva a Xente".

Aquí vos deixo un vídeo con estes barquiños que navegan a toda máquina cara a paz mundial.



Non máis violencia de xénero!

O 26 de novembro celebrouse no colexio o Día Internacional contra a violencia de xénero.Entre as actividades que se levaron a cabo destacamos as seguintes:nubes de palabras con termos vinculados a esta tématica, representación do conto "Un biquiño á forza" (4º de Educación Primaria e Educación Infantil), creación de lazos coas pegadas de todo o alumnado do centro e a dramatización da canción "A porta violeta" de Rozalén. Ademais disto, pasouse a papel a canción anterior con debuxos do  alumnado representativos da mesma. 

 

"Fetén Fetén, o máxico planeta dos instrumentos insólitos"

O día 20 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de EP acudiu á sade de AFundación de Pontevedra a ver o concerto de "Fetén Fetén, o máxico planeta dos instrumentos insólitos". Con este concerto didáctico, os nenos emprenderon unha marabillosa viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música popular española, transmitíndolles valores como a reutilización, a pobreza, a imaxinación e a importancia de coñecer as nosas tradicións empregando algúns dos instrumentos máis incribles da historia da música. 

Unha vez rematado o concerto os alumnos acudiron a ver a exposición "De la razón de Goya a los monstruos de Salvador Dalí" no Café Moderno. Alí os nen@s realizaron un obradoiro de gravados e participaron nun coloquio sobre estes pintores no cal mesmo tiveron  que cazar os monstros de Dalí.

 

   

"De los cuentos a las cuentas"

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria realizamos unha saída cultural a Pontevedra na que puidemos gozar dunha obra de teatro en AFundación titulada: "De los cuentos a las cuentas". Gustounos moito, xa que era adaptada á nosa idade e traballaba valores moi importantes como a igualdade de xénero. A continuación, no Café Moderno, participamos activamente nuns talleres divertidos nos que aprendemos a facer un gravado seguindo unha técnica xa utilizada polo gran pintor.Ademais, puidemos admirar parte da súa arte e das doutro grande, Dalí. 

 

        

 

             

 

Distribuir contido


by Dr. Radut