Skip to Content

6º EP

SAÍDA A SILLEDA

O pasado 15 de maio, o alumnado de 6º de E. Primaria realizamos unha saída ata Silleda para participar, xunto con outros coles, nuns xogos tradicionais. Xogamos aos bolos celtas, á billarda e á chave e quedamos en moi boa posición, na chave participamos na final. Desfrutamos moito e pasamos unha xornada moi agradable.

Aquí vos deixamos unhas instantáneas dese día.



Cristina Fernández, fareira de Vilán.

Para rematar co proxecto dos faros que traballamos durante o curso, na clase de inglés de 6º investigamos sobre a fareira de Cabo Vilán, Cristina Fernández.

Foi unha das primeiras mulleres que traballaron nun faro en España e unha das últimas que todavía traballa e segue vivindo nel. Se facedes a Ruta dos Faros podedes ver o faro (uns dos máis espectaculares de Galicia!) e falar con Cristina que vos pode contar anécdotas super interesantes.

 

 

I’M JANE...YOU TARZAN.

Teatro en inglés para 5º e 6º! Pasámolo xenial coas aventuras de Tarzán e Jane para liberar a Cheetah dos seus malvados secuestradores. E aínda resultou moito mellor porque os nosos compañeiros Adrián López e Angélica subiron ao escenario como improvisados actores por un día! Que ben o fixeron! Un aplauso!!

          

      

 

Un día con Brincabois!

O xoves 22 de novembro os alumn@s de 6º de EP realizamos unha saída ao monte próximo ao noso colexio para recoller diferentes especies de setas e cogomelos, coa importante axuda de Jaime (representante da asociación Brincabois) que nos foi orientando e informando das distintas especies que iamos recollendo polo camiño. Gozamos moito do día e recollemos moitas cestas de diferentes variedades que despois quedaron expostas na entrada interior do colexio para que todos as puideran  observar e apreciar. Para recordar esta actividade temos unhas fotiñas que ilustran marabillosamente esta lúdica xornada micolóxica. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut