Skip to Content

4º EP

Familias contadoras. "Bágoas debaixo da cama"

O pasado venres, 14 de xuño, acompañounos na hora de ler Dori, a nai de Naara de 4º, quen nos descubriu dous marabillosos contos: "La extraña visita" de Gracia Iglesias e "Bágoas debaixo da cama" de Ana Meilán. Grazas Dori por vir e esperámoste para a próxima!

Saída ao Salgueiral!

No terceiro trimestre, o alumnado de 4º da Educación Primaria realizou unha visita ao Salgueiral. Esta saída foi unha gran oportunidade para achegarse á realidade do entorno rural da localidade de Pontevedra na que viven. Neste roteiro, o alumnado tamén descubriu a importancia dun río nun ecosistema e o traballo que se realizan nos muiños de río, experimentando eles mesmos antiguos tarefas coma debullar, levar o miño a moer, recoller a fariña...
 
 
 

ACEPTA O RETO DO PLANETA: "LO SIENTO"

O alumnado de EI e 4º da EP durante o curso realizou un traballo colaborativo para promover a educación ambiental e protexer o medio ambiente/mar. Este proxecto consistiu na realización dun video musical fotográfico acompañado dunha canción creada polos propios alumnos coa instrumental de Beret "Lo siento". Mirade con que bos cantantes e compoñedores contamos no CEIP Santo André de Xeve. 

 

 

Lo siento

Familias contadoras. "Monstruo Rosa"!

Hoxe a nai de Breixo de 4º de E.P veunos a ler o conto “Monstruo Rosa” de Olga de Dios. A través deste conto traballamos o valor da diferenza, entendendo os nenos e nenas a diversidade como un elemento enriquecedor da nosa sociedade. Aquí vos deixamos o conto en formato dixital e tamén un instantánea que recolle este momento de lectura. Grazas Helena por pasar un rato lector con nós, volve pronto!

 

Mario pensaba que o galego non servía para nada. El sabía inglés, francés, chinés...

O 21 de marzo, o alumnado de 4º da Educación Primaria, recibimos a visita dun contacontos que nos contou a historia de Mario mentres un ilustrador realizaba un mural vinculado co conto. Tras isto, realizouse unha rolda de prensa guiada polos autores, na que os rapaces interactuaron co conto e co debuxo. E para rematar, levouse a cabo un obradoiro de ilustración, no cal todos xuntos debuxaron cadanseu retrato de Mario, o protagonista deste gran conto.

Carta con sabor a Bueu!

Onte veu o carteiro a Xeve cunha entrega moi especial!!!! Os nen@s de cuarto de educación primaria recibiron unha carta dos alumn@s  de 3ºB do CEIP A Pedra de Bueu. Nela describíronlle como era o seu cole. Ademais disto, contáronlles a súa excursión a Vigo onde  subiron a un submarino! Encantoulles todo e sobre todo a carta da súa profe do ano pasado, Bea!!

Discográfica "La Paz".

Os alumn@s de 4º de Educación Primaria, na materia de talleres divertidos, compuxeron uns discos mois especiais para celebrar o Día escolar da non violencia e da Paz. Estes discos presentan 10 cancións vinculadas coa amizade, o amor,  a armonía, o respeto,  a convivencia, a inclusión,  a diversidade, a emoción... A Larapeto gustaronlle tanto os discos que xa está aforrando para compralos. OLLO CON ESTES FUTUROS ARTISTAS!!!!

Experimentamos co ovo en 4º de EP

Os nen@s de 4º de Educación Primaria aplicaron o método científico na aula, observando e manipulando un alimento moi habitual, o ovo. Tras aplicar dito método, o alumnado descubriu dúas partes máis do ovo, a membrana protectora e unha cámara de aire.

 Mirade, mirade que ben o pasaron!

OS CINCO SENTIDOS

Os nenos  e nenas de 4º de EP fixeron no mes de setembro un pequeno proxecto sobre os cinco sentidos (tacto, olfacto, gusto, vista e oído). Tras rematar a investigación, sacaron a súa dote de mestres e explicáronlles aos nenos de Educación Infantil estos contidos dunha forma moi especial. Mirade que cariñas teñen os participantes!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut