Skip to Content

3º EP

Correlingua 2019

O 16 de maio, víspera da conmemoración das Letras Galegas, os nenos e nenas de 3º participamos xunto a outros centros da comarca no Correlingua celebrado na cidade de Pontevedra.

 

Obradoiro "Xoguetoloxía"

O pasado luns, 13 de maio, os nenos e nenas de 3º participamos nun obradoiro moi divertido que levaba por título "Xoguetoloxía". Chus e Rocío mostráronnos que para divertirnos non necesitamos ter nada nas mans e que para montar unha auténtica verbena só precisamos xente e ganas de cantar, bailar e pasalo ben.

 

 

Familias contadoras. "Hay una vaca en la nevera"

O pasado venres, 26 de abril, veu a mamá de Alicia de 3º E.P. para lernos dous contos: "Hay una vaca en la nevera" e "Hay un hipopótamo en la bañera" de Amaia Cía e Ricard Zaplana da editorial Beascoa. Encantáronnos! Grazas, Beatriz, por vir e compartir este tempo de lectura con nós! Pasamos un rato moi divertido. Contamos contigo para a próxima!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut