Skip to Content

2º EP

VISITA AOS BOMBEIROS

O xoves, 2 de maio, os/as alumnos/as de 2º de primaria visitamos o parque de bombeiros de Pontevedra co fin de saber un pouco máis do traballo dos bombeiros e bombeiras, coñecer as instalacións, vehículos e ferramentas que utilizan no seu traballo diario e ademais para recoller o premio da gañadora do concurso "O traballo dos bombeiros" Paula.

O pasamos moi ben!!!!

 

 

 

 

 

VERBATECA

O 22 de febreiro, o alumnado de 2º participou nun obradoiro chamado Verbateca. Neste obradoiro os nenos e nenas competiron para conseguir palabras en galego para gardalas no seu tesouro, a súa propia Verbateca. Con este obradoiro o alumnado repasou palabras relacionadas cos animais, partes do corpo, profesións, obxecto, natureza, ampliando o seu vocabulario.

 

Parabéns Paula!

Hoxe temos que dar os nosos parabéns a nosa alumna Paula de 2º da Educación de Primaria xa que foi a gañadora do concurso "O traballo dos bombeiros". Pronto gozaremos do agasallo asistindo a súa base en Pontevedra!

Distribuir contido


by Dr. Radut