Skip to Content

EI

Festival Educación Infantil

Para rematar o curso escolar 2018/19, o alumnado de Educación Infantil preparou as seguintes actuacións para o festival. Agardamos que vos gusten!!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Familias Contadoras.

Nesta ocasión contamos con Alba, a nai de Pedro e Roque, de Educación Infantil. Encantáronnos os dous contos que nos tiña preparados: "As chaves dos soños", co que deixamos voar a nosa imaxinación e "Quen ven esta noite?", no que descubrimos a verdadeira historia do Ratiño Pérez!

Moitas grazas por estes momentos tan máxicos! 

Guyi Guyi

O día 26 de Abril os nenos e nenas de Infantil saímos ao teatro. Tivemos a gran sorte de ver “Guyi Guyi”, unha obra de teatro sobre a identidade, a familia e o respecto pola diferenza. Canto desfrutamos!!!

Familias contadoras. "No lavar este oso!"

O día 12 de abril a mamá de Lucía de 4 anos veu ler cos pequechos unha historia divertidísima dun papá empeñado en lavar os peluches dos seus fillos. Este libro titúlase "No lavar este oso" de Sam Hay e Nick East da editorial Jaguar Ediciones. Grazas Montse por vir pasar un rato lector con nós! Volve pronto!

 

O MOSTRO DA ALEGRÍA!

Que importante é coñecer as nosas emocións! Neste trimestre as nenas e nenos de 4º e 5º de Infantil, a partir do conto "O monstro de cores" coñecimos ao "Monstro da alegría", co que aprendimos a recoñecer e expresar esta emoción. Todos tivemos a sorte de levalo ás nosas casas e compartir cas nenas e nenos da clase o que nos fai estar alegres.

Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!

 

 

Conto do "Monstro de cores"

Joaquina García García

Ola familias! Para conmemorar o Día da Muller Traballadora cada curso preparou unha muller vinculada co mar como xa vos comentamos. Pois nos,  os nenos de 5 anos de Educación Infantil escollemos a Joaquina García García, a cal nos pareceu unha muller fantástica porque ela foi quen inventou o primeiro traxe de augas para que seu pai non chegará a casa sempre mollado.

Se non sodes capaz de entender algo, non dubidedes en preguntarnos, xa que somos todos uns expertos sobre a súa biografía.

Coñecendo un novo oficio!

Hoxe visitounos a nai de Román (6º de Educación Infantil) para contarnos como era o seu traballo. Ensinounos distintos tipos de peixes, como limpalos e algunhas outras curiosidades. Canto cousas aprendemos contigo Carina, moitas grazas!

Olga Cuervo visita a biblioteca Larapeto!

O día 7 de febreiro, o alumnado de Educación Infantil recibiu a visita da contacontos Olga Cuervo na biblioteca do colexio por cortesía da editorial SM. Olga encheu de personaxes e maxia este espazo do centro e achegou ao alumnado ó mundo marabilloso dos contos. Mirade que ben o pasaron e que atentos estiveron!

 

 

"Burbujas de Papel"

O día 5 de febreiro os nen@s de Educación Infantil foron o teatro AFundación de Pontevedra a ver a obra musical "Burbujas de Papel". Os nenos desfrutaron moito coas pezas musicais e pasaron un rato entretido coa compaña das mestras Sandra, Alba e Luisa. Aquí tedes unha pequena mostra:


Campanita Navideña!!

Os nen@s de 5 anos de Educación Infantil recitaron polo Nadal esta preciosa canción. Mirade, mirade e gozade co "Ding Dong Dang".


Distribuir contido


by Dr. Radut