Skip to Content

PROGRAMAS E PLANS ANUAIS DE LECTURA

PROGRAMACIÓN BIBLIOTECA CURSO 2014/15

O equipo da Biblioteca Escolar considera que é necesario introducir, paulatinamente, algún cambios orientados  ao  mellor  funcionamento da B.E.  e que poida cumprir as seguintes funcións:

·        

Promover e animar á lectura e á escritura de todo tipo de textos e en diferentes soportes.

·        

Ser o centro de documentación e de recursos do colexio.

·        

Dinamizar o colexio con actividades abertas a toda a comunidade escolar.

Tendo en conta estes aspectos os obxectivos que queremos acadar neste curso son os seguintes:

1.Actualizar as normas de funcionamento da Biblioteca Escolar.

2.Facer os carnets realizar o préstamo dos fondos da B.E. en Meiga.

3.Recatalogar os libros informativos coa CDU.

4.Realizar actividades de formación de usuarios nas que se vaia  introducindo, pouco a pouco, a catalogación coa CDU.

5.Manter o biblioboletín “Trouladas e a participación das familias nas sesión de conta contos, charlas… coma nos anos anteriores.

6.Fomentar a participación do profesorado do centro nas propostas que parten da B.E. como outras que poidan xurdir nos diferentes ciclos.

7.Recoller sistemáticamente todas as actividades relacionadas coa Biblioteca escolar  ( en diferentes formatos) contando coa colaboración do profesorado do centro.

8.Seguir colaborando co Departamento de Normalización Lingüística para o fomento do uso  da Lingua Galega e o coñecemento e valorización da nosa cultura.

9.Revisar o Proxecto Lector de Centro.

ACTIVIDADES DURANTE O CURSO

·        

Realizar exposicións de novidades, de libros que tratan dun tema, dun autor determinado…

·        

Realizar actividades de formación de usuarios e de búsqueda de información ao longo dos tres trimestres.

·        

Buscar información sobre un tema proposto: “Larapeto preguntón”

                                                                                   “Larapeto quere saber”

                                                                                    “Larapeto detective”

·        

Continúar coa Mochila Viaxeira introducindo algún cambios orientados a lograr unha mellor acollida nas familias.

·        

Fomentar a oralidade dos alumnos con actividades como recitados, exposicións, charlas…

·        

Facer lecturas en voz alta, dramatizacións: “Apadriñamentos lectores”.

·        

Continuar cos traballos do Itinerario Lector.

a.1º Ciclo “A vaca que puxo un ovo”

b.2º Ciclo “El superzorro”

c.3º Ciclo “O carteiro de Bagdad”

·        

Animar aos papás e mamás a participar nas sesión de contacontos, charlas… no Tempo de Ler.

·        

Difundir o Trouladas trimestralmente.

·        

Mellorar os fondos de libros de información.

·        

Facer expurgo e catalogar os libros informativos coa CDU.

·        

Formar equipos de voluntarios de Patrulleiros de Larapeto que colaboren no mellor funcionamento da B.E.

·        

Crear xogos ou actividades para:

a.Descubrir e coñecer mellor como funciona a nosa “biblio”

b.Buscar información dun tema concreto.

·        

Organizar encontros con autores ou/e ilustradores e actividades de animación á lectura.

·        

Seguir co proxecto “Hoxe lemos con…”

 

ACTIVIDADES POR TRIMESTRES

1º TRIMESTRE

  • Redactar a Programación de Biblioteca, 2010-11
  • Facer os lotes de libros para formar as Bibliotecas de Aula coas que se traballa no Tempo de Ler.
  • Empezar as viaxes de Mochileta.
  • Organizar as actividades do Día das Bibliotecas Escolares.
  • Publicar Trouladas do 1º trimestre.
  • Iniciar o proceso de recatalogación dos libros informativos.
  • Facer os carnets da B.E.
  • Iniciar as actividades de formación de usuarios.
  • Exponovidades…  “Larapeto detective”.
  • Continuar coa búsqueda dos personaxes agochados de Nadal.

 

 

2º TRIMESTRE

  • “Lecturas ……….”: sesións de contacontos, dramatizacións,entre os diferentes cursos para o Tempo de Ler.
  • Iniciar o traballo cos caderniños de traballo do Itinerario lector.
  • Proseguir coas  actividades de formación de usuarios.

·        

Actividades de búsqueda de información: “Larapeto preguntón”

                                                                              “Larapeto quere saber”

                                                                               “Larapeto detective”

  • Publicación  do Trouladas 2º trimestre.
  • Actividade de animación á lectura con Marcos Calveiro.
  • Proseguir co traballo de recatalogación coa CDU

 

3º TRIMESTRE

 

  • Elaborar a Memoria da Biblioteca Escolar.
  • Publicación do último Trouladas do curso.
  • Día do Libro.
  • Día das Letras Galegas.

·        

Sesións  de contacontos, charlas dos papás e mamás… no Tempo de Ler.

·        

“Apadriñamentos lectores”.

·        

Proseguir co traballo de recatalogación coa CDU.

·        

Actividades de formación de usuarios e de búsqueda de información.

·        

Publicación  do Trouladas 2º trimestre.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut