Skip to Content

COMBAS

DURANTE OS CURSOS 2013-13 E 2013-14  O CLAUSTRO DE PROFESORES ESTIVEMOS TRABALLANDO NO PROXECTO COMBAS.  FASE A1 E A2.

Proxecto COMBAS Galicia desenvólvese co obxectivo de  apoiar o profesorado  na superación das dificultades existentes no proceso da integración das competencias básicas no marco do actual sistema educativo.

Fundamentándose no Proxecto COMBAS desenvolvido polo MEC (Proyecto de Integración Curricular das Competencias Básicas) preténdese que o profesorado aprenda a ensinar competencias básicas ao mesmo tempo que adquire ou perfecciona algunha das súas competencias profesionais. O resultado desexado é a mellora da competencia do propio centro educativo.

O proxecto estrutúrase en dúas fases: A Fase A1 está dirixida a centros que se incorporan por primeira vez ao Proxecto COMBAS Galicia. A Fase A2 está dirixida aos centros que xa desenvolveron a Fase A1 ou que, sen desenvolvela,  estean en condicións de abordala con éxito. Cada fase ten unha duración dun curso académico.

Cos obxectivos de: 

  • Apoiar a tarefa profesional dos docentes facilitando una descrición adecuada das relacións entre as competencias e os obxectivos, contidos e criterios de avaliación.
  • Definir e seleccionar unha estrutura diversificada de tarefas e actividades que permitan ao alumnado o máximo desenvolvemento das competencias básicas.
  • Impulsar a avaliación e o recoñecemento das competencias básicas adquiridas mediante a utilización de procedementos e de criterios que aumenten a transparencia tanto do proceso de avaliación dos aprendizaxes como do de promoción.
  • Promover a transferencia eficaz do coñecemento xerado no transcurso do programa para a súa incorporación aos proxectos educativos de centro.

 

 

 

AdxuntoTamaño
COMBAS A1 - PORTFOLIO DE ACTIVIDADES - Curso 2012/2013 (Arquivo PDF)1.73 MB
COMBAS A2 - PORTFOLIO DE ACTIVIDADES - Curso 2013/2014 (Arquivo PDF)1.33 MB


story | by Dr. Radut