Iniciar sesión: Acceso

Integración do PDI

No curso escolar 2012/2013 todos os membros do claustro asistimos a un curso de formación, no propio centro,  sobre a Pizarra Dixital Interactiva, entendéndose como un sistema tecnolóxico, integrado por un ordenador e un proxector, permitindo proxectar contidos dixitais nun formato idóneo para a visualización en grupo e podendo interactuar sobre a superficie de proxección da pantalla.

No centro, usámola como instrumento ao servizo da nosa práctica docente, xa que as ventaxas da PDI son diversas para integrar no noso traballo  diario. 

Coa utilización destre recurso permítese: 

- Maior oportunidade de interacción e debate na aula.

- Versatilidade con aplicacións para tódalas idades e en tódalas áreas.

- Presentación dos recursos informáticos con máis facilidade e eficacia.

- Aumenta a satisfacción e a motivación, tanto nos docentes coma nos nenos/as, gracias ao uso das actividades variadas, dinámicas e divertidas.

 

Os contidos tratados no curso tiveron que ver co:

O encerado dixital interactivo:

Como soporte.

O seu funcionamento.

Os modelos e exemplos da aplicación didáctica.

Usos da PDI nun enfoque constructivista.

Recursos para mellorar a atención e a diversidade.

 

As actividades realizadas foron: 

- Introducción ao sistema operativo Notebook.

- Utilización do software o EDI.

- Búsqueda e selección de recursos educativos. 

- Achegamento de información sobre a localización de recursos para o EDI, no propio centro da rede.

- Presentación do material multimedia utilizado nas aulas.

 

Información

Calendario Escolar

Eventos

« Outubro 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Taboeiro de anuncios

Aquí apareceran as noticias xerais do centro