Iniciar sesión: Acceso

ITEC Abalar

O programa ITEC- ABALAR describe unha serie de escenarios de aprendizaxe compostos por actividades secuenciadas coas que se resolverá un problema real buscando unha motivación do alumnado e o aproveitamento dos recursos dispoñibles.

Estes escenarios non dependen do nivel, materia e contidos a traballar sendo o profesorado o responsable de ordenar as actividades e elixir levalas a cabo, baseándose na realidade da súa aula e o acceso á tecnoloxía de que dispoñan. Exemplos de escenarios de aprendizaxe son: “narrar unha historia”, “crear un xogo”, “deseñar unha simulación física” ou “crear un obxecto”.

Estes diferentes escenarios de aprendizaxe deseñados no ITEC están empregándose en aulas piloto de 19 países coa finalidade de estudar a súa aplicabilidade nas aulas.

En Galicia, a pilotaxe está dirixida pola Universidade de Vigo, única institución española participante no proxecto.

Concretamente, no noso centro o proxecto elixido fala da “Alimentación, Saúde e Exercicio”, dirixido a os alumnos de 5º primaria.  

 

Enlace

 

Información

Calendario Escolar

Eventos

« Outubro 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031

Taboeiro de anuncios

Aquí apareceran as noticias xerais do centro