Skip to Content

Responder ó comentario

Visita á base dos bombeiros forestais de “O Campiño”

As expectativas con esta saída estaban moi altas, e a verdade, cumpríronse con creces. Aínda que xa coñeciamos regras básicas como que non debemos facer un grellada no monte, descoñeciamos outra serie de cousas importantes. Os bombeiros forestais da base de “O Campiño” ensináronnos que se nalgún caso nos vemos no medio dun incendio debemos movernos monte abaixo; que sempre debemos deixar o monte limpo para non producir lumes; que debemos informar nas nosas casas de todo o aprendido e mesmo nos ensinaron imaxes deles en acción.

 

 Ademais de todas estas cuestións teóricas, experimentamos como debemos apagar un lume coa mangueira (a auga debe dirixirse cara a base do lume) e como nos podemos protexer da calor do lume facendo unha cortina de auga coa mangueira. É espectacular!

 

 O prato forte da saída foi a visita ao heliporto. Alí estaba, o gran helicóptero que utilizan os bombeiros para apagar as lamas. Explicaron un milleiro de cousas interesantes: que viaxan aos incendios en helicóptero, as ferramentas que levan consigo e como se deben utilizar, e mesmo vimos a bolsa de auga que colga do helicóptero. O máis incrible foi que puidemos montar nel e poñer os cascos que utilizan os bombeiros para minimizar o ruído.

 

 

 

Responder



by Dr. Radut