Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO

PROCEDEMENTO ADMISIÓN DE ALUMNADO E MATRÍCULA 2020-2021

 

CALENDARIO DE ACTUACIÓNS:

Regulado por: 

 

  • Decreto 254/2012 do 13 de decembro polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica so 2/2006, do 3 de maio de educación. 

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Corrección de erros. ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a O. do 13 de marzo de 2013. 

 

 1- 17DE FEBREIRO

 

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ORIXE (CENTROS ADSCRITOS: Escola Infantil de O Seixo: Centro adscrito ao noso// CEIP. Santiago Apóstolo: Centro adscrito ao IES de Mugardos).

O alumnado matriculado ten garantida a praza de permanencia. De presentar solicitude noutro Centro deberá comunícalo ao mesmo tempo ao Centro de orixe.

 
 ÚLTIMA SEMANA DE FEBREIRO

 

SORTEO PÚBLICO A EFECTOS DE DESEMPATE (feito pola Consellería)
 ANTES DO 1 DE MARZO

 

 PUBLICACIÓN DAS VACANTES DISPONIBLES NO CENTRO
 1 AO 20 DE MARZO

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN (asinada polos titores que teñan a patria potestade) 

Poden cubrir o formulario de admisión na páxina https: //www.edu.xunta.es/admisionalumnado/a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión.

Feito iso poden optar por:

Imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo que escollan para o seu fillo ou filla en primeiro lugar.

Se dispoñen de certificado dixital, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación.

Tamén poden cubrir o formulario ED550A proporcionado polo Centro escolar

 

 

 23 DE MARZO AO 13 DE ABRIL

 

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN PARA A APLICACIÓN DO BAREMO NO CASO DE MAIOR DEMANDA QUE OFERTA DE PRAZAS

 ANTES DO 25 DE ABRIL.

 

 PUBLICACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS PRAZO DE 5 DIAS PARA RECLAMACIONS. Prazo de 5 días para a resolución das reclamación.

 ANTES DO 15 DE MAIO

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS

0-30 DE XUÑO

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 

NOTA INFORMATIVA:

 

Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. 

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS QUE OFRECE O CENTRO:

-Transporte Escolar

-Comedor (xestionado polo Concello de Mugardos)

-Servizo de Madrugadores (xestionado polo Concello de Mugardos)

-Actividades Extraescolares (xestionadas pola ANPA)



blog | by Dr. Radut