Skip to Content

CONVOCTORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

Estimadas familas:

 

O 22 de maio saiu a Orde do 16 de maio de 2017 que regula o Fondo de Libros de Texto para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP, a Axudas de Libros de Texto para alumnado de 1º e 2º de EP e as Axudas para Material para alumnado de EP e ESO. Anexo a esta nova tedes a normativa.

 

1.- FONDO SOLIDARIO: Destinado ao alumnado de 3º a 6º de E.P. Os libros serán repartidos por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Por ese motivo, recomendamos que todo o alumnado a solicite.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: catro (4) libros de texto.

c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda.

2.- AXUDAS LIBROS: Destinado ao alumnado de 1º e 2º de E.P.

1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 170 €.

2º. Renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou  inferior a 9.000 €: 90 €.

3.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Destinado ao alumnado de 1º a 6º de E.P e ao alumnado da ESO.

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado o alumnado matriculado en EP e en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € será de 50 €.

 

Podedes descargar o impreso da solicitude clicando na imaxe ou solicitar unha copia no centro educativo.

IMPORTANTE!!!!

  Nesta convocatoria presentarase unha ÚNICA solicitude para todos os irmáns matriculados no mesmo centro.

O prazo límite de presentación da documentación será o 23 de xuño de 2017

Para ser beneficiario do fondo e das axudas para libros de texto e material escolar é condición INDISPENSABLE,DEVOLVER OS LIBROS DE TEXTO RECIBIDOS NO FONDO SOLIDARIO DO CURSO 2016/2017.

 


AnexoTamaño
fondo solidario e axudas libros e material.pdf1.11 MB


blog | by Dr. Radut