Skip to Content

Actividades

CELEBRAMOS HALLOWEEN E SAMAÍN

Como cada ano por estas datas, o pasado xoves  tivemos un día moi particular. Logo de pasar a semana preparando o rincón de Biblioteca da entrada para que fora ao xeito, decorar as portas e crear ambiente na entrada coas cabazas decoradas que fomos traendo de casa, rematamos a semana facendo a nosa particular festa de Halloween/Samaín.

Pola mañá e seguindo as tradicións destas datas, fixemos Trick of Treat entre as clases, recitando os poemas propios en inglés; visitáronnos unha bruxas encantadoras, que dende a ANPA nos trouxeron un detalliño doce e adicamos parte da mañá a ser uns cociñeiros moi particulares, porque cada grupo elaborou un prato o máis terrorífico posible á vez que saudable para degustalo pola tarde no patio xunto co resto dos compañeiros.

Se queredes ver todo o que fixemos, podedes visitar a Galería de fotos, ou ben, premer neste vínculo que vos levará directamente a ela.

GRANXA DE CORAIS. REEF WATER

O pasado venres 20, os grupos de 3º e 4º participamos nunha actividade moi interesante, visitamos unha granxa de corais. Si, como soa, unha granxa de corais.

Non sabemos se algunha vez puidestes visitar unha granxa tan curiosa, para nós foi toda unha experiencia porque non eramos capaces de imaxinárnola.

Explicáronnos un montón de cousas curiosas sobre estes animais (porque unha das primeiras que aprendemos é que ainda que parecen plantas, son animais).

Se tedes ocasión de visitala, non dubidedes, val a pena. 

Aquí tedes o link ás fotos que sacamos e tamén á web da propia granxa por si vos pica a curiosidade e queredes saber máis.

    

ENTROIDO 2017

Queridas familias,

Xa temos colgadas as fotos de este Entroido 2017 para que podades disfrutar do noso traballo.

Nesta ocasión e para seguir coas actividades enmarcadas no Proxecto Europeo Erasmus +, "JUST READ!" e relacionadas tanto con Biblioteca como con Normalización, os distintos grupos quixeron representar algúns dos cómics e bandas deseñadas máis populares de todos os tempos. É así que os de 3 anos foron Mafaldas, os de 4 e 5 anos foron Zipi e Zape; 1º e 2º os Bolechas; 3º e 4º Popeye e 5º e 6º foron Asterix. 

Durante as semanas previas ao desfile do día 24 polas rúas de Viveiro, os distintos grupos leron, visionaron, fixeron murais e aprenderon sobre o cómic e banda deseñada, e en especial, do cómic que ían representar, asi como confeccionaron os disfraces correspondentes.

Dende as clases de Ed. Fisica e Música, preparouse a posta en escena como toque final: as coreografías,cancións e representacións dramatizadas dos distintos grupos.

Para ver as fotos só tes que ir á Galería  ou ben clicar aquí.

           

 

Distribuir contido


by Dr. Radut