Skip to Content

Plástica en CLIL

    O curso pasado (2007-2008) o noso colexio contou por primeira vez cunha Sección Bilingüe en 3º curso de Primaria, ou sexa, unha sección CLIL (siglas que en inglés corresponden a: Content and Language Integrated Learning). Dito doutro xeito, trátase da enseñanza dunha área non lingüística nunha lingua estranxeira de xeito flexible. Así, os nenos traballan e aprenden conceptos específicos de áreas como Coñecemento, Matemáticas,...ou Artística, que é o noso caso, pero a través do inglés, que é a principal lingua de comunicación utilizada na aula.

   O resultado con este primeiro grupo foi moi bo, ata o punto que nos animou a ampliar a experiencia e completar o ciclo. Agora contamos con dúas Seccións Bilingües de Ed.Plástica, en 3º e en 4º de Primaria.

Nesta sección ímos ir poñendo as fotos dos traballiños que facemos



page | by Dr. Radut