DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR. TALLER ESCOLAR DE TURISMO.

A semana pasada para abordar o tema do Acoso Escolar, os nenos e nenas usaron libros relacionados con dita temática. As obras escollidas foron "La mochila invisible", "¿Qué le pasa a Uma?" e "Mochila".

Por outro lado, e en colaboración coa Deputación Provincial, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria levou a cabo un Taller Escolar de Turismo, a través do cal mostraron os numerosos atractivos que ten a nosa comarca.